Este mes comeza a formación das persoas beneficiarias do Programa Util de emprego
61 persoas iniciaran a mediados de mes o seu período de formación no contexto do Programa Util da Concellería de Emprego e Promoción Eocómica, segundo anunciou o concelleiro Santos Héctor Rodríguez. O devandito programa permitirá a adquisición de experiencia profesional, no ámbito da obra pública, de persoas que estaban desempregadas e con problemas de renda.
O programa de emprego UTIL – Unidade de Traballo para a Inserción Laboral- forma parte do Plan Municipal de Emprego 2008-2011, conta cun investimento de 1.091.739,45 euros para un ano de contratación.
Os beneficiarios do programa recibirán formación, que se impartirá no Parque Central de Servizos do Concello, e que consistirá en adquirir coñecementos en construcción como o manexo de ferramentas, preparación de morteiros, repranteo de construción, fábricas de ladrillo, construción de beirarrúas, saneamento, alicatados, enfoscados e pinturas, lastros; medición e interpretación de planos; instalacións eléctricas e fontanería.
Tamén contemplase a formación en asuntos de medio ambiente como a eliminación e xestión de residuos, así como habilidades sociais, igualdade de oportunidades, técnicas de búsqueda de emprego; alfabetización informática; prevención de riscos laborais e sinalización de obras.
Unha vez rematada a formación inicial de 21 xornadas laborais , as persoas beneficiarias realizarán obras de interese municipal.
Descargar todas as imaxes