Escoitar

Exposición do XIII Maratón Fotográfico "Concello de Vigo"

A Casa das Artes acolle desde o día 2 de outubro a exposición das obras do XIII Maratón Fotográfico Concello de Vigo que se celebrou, dentro da programación das Festas do Cristo o pasado día 10 de Agosto.

xoves, 2 out 2008
1222952328maratonfotografico.jpg
Este concurso que está patrocinado pola Concellería da Área de Cultura e Animación Sociocultural e contou nesta edición cun total de 112 participantes que durante 12 horas debían recorrer a nosa cidade para plasmar coas súas cámaras as mellores fotos sobre os temas propostos pola organización.
Dende as 11 da mañá, hora da saída na Praza do Rei os participantes debían facer fotos sobre os catro temas que nesta edición foron: PRENSA, ARTESÁNS, AUTORRETRATO, VERMELLO. Ás 11 da noite podían entregar as súas fotos nun control instalado pola organización na Praza da Constitución.
Previamente os participantes pasaron un control intermedio na Praza da Estrela onde foron informados de dous dos temas.

Neste maratón os participantes poden facelo tanto na categoría analóxica, con carrete, como en categoría dixital. Nesta edición o número de participantes foi de 99 en dixital e 13 en analóxico. Na categoría dixital teñen que entregar un CD con catro fotos correspondentes aos catro temas propostos, na analóxica entregan o carrete e a organización fai o revelado.

Con todas esta fotos un xurado selecciona as mellores series valorando a orixinalidade e calidade das fotos presentadas. Coas mellores 25 series (100 fotos) e unha vez ampliadas, móntase a exposición que se inaugura hoxe xoves, día 2 de outubro. No mesmo acto de inauguración faise público o fallo do xurado e tamén se fai entrega dos premios aos gañadores, a contía total dos premios é de 2250 euros.

Mais información: www.agrupacionfotograficagalega.com
Descargar todas as imaxes