xoves, 2 outubro 2008

A Concellería de Benestar Social e a Consellería de Vivenda impulsan a erradicación do chabolismo en Vigo

Erradicar totalmente o chabolismo na cidade de Vigo é o principal obxectivo do convenio de colaboración que este xoves presentaron a directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o delegado provincial da Consellería de Vivenda, Eudosio Álvarez. Froito deste convenio estase a traballar no realoxo de 6 familias chabolistas.

Este mes comeza a formación das persoas beneficiarias do Programa Util de emprego

xoves, 2 out 2008

61 persoas iniciaran a mediados de mes o seu período de formación no contexto do Programa Util da Concellería de Emprego e Promoción Eocómica, segundo anunciou o concelleiro Santos Héctor Rodríguez. O devandito programa permitirá a adquisición de experiencia profesional, no ámbito da obra pública, de persoas que estaban desempregadas e con problemas de renda.

O Concello estudia a retirada de residuos de O Gorxal

xoves, 2 out 2008

O concelleiro de Distritos e coordinador de grandes proxectos, Angel Rivas, visitou hoxe a nave calcinada polo incendio de O Gorxal, acompañado dun técnico da xerencia de urbanismo, un técnico de Tragsa e enxeñeiros de dúas empresas, co fin de elaborar un proxecto de intervención.