martes, 30 setembro 2008

Santi Domínguez inaugura a Festa do Comercio no Progreso para dinamizar "o pulmón comercial" de Vigo

martes, 30 set 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe unha nova edición da Festa do Comercio que nesta ocasión chega á zona centro da cidade. Ao longo de toda esta semana desenvolveranse na Praza do Progreso distintas actividades para os cativos, obradoiros e concursos cos que se persigue o obxectivo de dinamizar comercialmente, o que o nacionalista denominou como "pulmón comercial da cidade".

As Xornadas de Filosofía debatirán este ano sobre a trioloxía "Sociedade, economía e ideoloxía"

martes, 30 set 2008

As XVIII Xornadas de Filosofía centrarán esta nova edición no debate e análise da trioloxía que forman "Sociedade, economía e ideoloxía", e que da nome as sesións de traballo que se desenvolverán do 14 ao 17 de outubro na Fundación Caixa Galicia. Este ano participarán nas xornadas destacadas figuras do pensamento contemporaneo como Aurelio Arteta, Manuel Atienza, Salvador Giner, Jesús Zamora, Jesús Mosterín, Emilio Llano de Espinosa, Fernando Vallespín e Xosé Luis Barreiro Rivas.