O Goberno Local, aproba en pleno, as novas ordenanzas fiscais para 2009
A Corporación Municipal de Vigo aprobou hoxe luns cos votos en contra do Partido Popular as ordenanzas fiscais para 2009 que contemplan a actualización do IPC nas taxas e novas bonificacións no pago do IBI, nas prestacións de axuda no fogar, dos centros de día e das escolas infantís, e deducións para os vehículos ecolóxicos, entre outras.
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este luns, cos votos favorables do PSdeG-PSOE e do BNG e a oposición do PPdeG, as novas ordenanzas fiscais propostas polo goberno vigués, que implica a actualización nos impostos do IPC, un 4,2% de abril de 2007 ao mesmo mes de 2008, e novas deducións e bonificacións.
Dentro das novas vantaxes fiscais, as máis destacadas son a non subida do IPC ás taxas de prestación de servizo dos centros de día, das escolas de primeira etapa e á prestación de axudas no fogar. Ademais se exime do aval bancario solicitado aos cidadáns que desexen aprazar o pago dunha débeda co Concello inferior aos 3.000 euros, un aval que, segundo expresou a edil de Economía e Facenda na súa intervención, podería alcanzar os 200 euros.
Asemade, as ordenanzas contemplan un novo sistema de pago voluntario do Imposto sobre Bens Inmobles, que fracciona o pago e aforra un 3% da contía para os contribuíntes que o soliciten; e bonificacións dun 75% durante dous anos no imposto de circulación para aqueles vehículos que emitan menos de 120 gramos por quilómetro.
No que si se mostraron de acordo os tres grupos municipais ao longo do debate, aínda que non entrara en ningún dos puntos da orde do día da sesión plenaria, foi na conveniencia dunha "subida cero", en verbas do alcalde, dos salarios e retribucións dos cargos electos do Concello de Vigo, que se materializaría no vindeiro 2009.
O pleno acordou as festividades locais do ano 2009 para os días 28 de marzo, Día da Reconquista; e o luns 17 de agosto xa que o día 16, San Roque , cae en domingo.
No capítulo das mocións aprobaronse por unanimidade os asuntos da orden do día 37,38, 39 e 40. O punto 37, insta ao goberno municipal a levar adiante un plan integral nas estradas do rural de pintado de sinalización horizontal. O 38, decide instar á Xunta de Galicia o cumprimento do acordo do pasado 13 de marzo de 2008 relacionado coa promoción do trazado pola costa do camiño portugués de Santiago, asi como do camiño do Norte que pasa por Tomiño, Gondomar e Vigo.
Os representantes municipais aprobaron a moción relativa á modificación da directiva comunitaria 2002/88/CE de ordenación do tempo de traballo pola que se permite aumentar ata 65 horas a xornada laboral. Neste senso a Corporación Municipal insta ao Goberno a continuar a oposición á ampliación da xornada laboral; apoia ó Goberno para que siga traballando co grupo de países que tratará de modificar a directiva cando sexa tramitada no Parlamento Europeo, e decidíu trasladar a moción aos interlocutores sociais, Ministerio de Traballo, á representación de España na Comisión Europea, o Parlamento Europeo e a todos os grupos do mesmo, solicitando o seu apoio para rexeitar a modificación desa directiva.
A Corporación Municipal acordou amosar o apoio á Xornada Mundial polo Traballo Decente, convocada para o 7 de outubro pola Confederación Sindical Internacional, da que forman parte as organizacións siindicais CC.OO. e UXT. A tal efecto o pleno apoia e invita a participar aos cidadáns na manifestación que se celebrará en Vigo o día sete de outubro ás 20.00 horas; así como as manifestacións convocadas pola CIG.