A Concellería de Benestar Social e a Consellería de Vivenda impulsan a erradicación do chabolismo en Vigo
Erradicar totalmente o chabolismo na cidade de Vigo é o principal obxectivo do convenio de colaboración que este xoves presentaron a directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o delegado provincial da Consellería de Vivenda, Eudosio Álvarez. Froito deste convenio estase a traballar no realoxo de 6 familias chabolistas.
"Non nos cansamos de repetir que un dos obxectivos fundamentais deste goberno e das áreas do BNG é o traballo para a xente e as políticas sociais", subliñou pola súa banda o tenente de alcalde, Santi Domínguez. Segundo Domínguez, este convenio é un "fito na historia da nosa cidade e un paso máis na procura de instrumentos reais para que a integración se faga realidade día a día". Agradeceu expresamente o traballo de colaboración que se está a desenvolver coa Consellería de Vivenda, xa que ao seu xuízo constitúa un "claro exemplo" da súa aposta pola cidade máis importante de Galiza.
A directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, agradeceu a participación do Concello de Vigo nos programas que desenvolve a Consellería de Vivenda para erradicar o chabolismo en Galiza. "É unha satisfacción participar nesta rolda de prensa, porque amosa o traballo que redunda na calidade de vida das persoas", subliñou. Ademais, destacou a importancia da colaboración administrativa para erradicar un "problema tan delicado" como o do chabolismo.
Encarna Otero explicou que os usuarios maioritarios do chabolismo son os xitanos e os ciganos, todos eles de orixe europea, e sinalou que os programas de erradicación do chabolismo desenvólvense ao tempo que outras actuacións, como as que inciden na saúde, na educación e na normalización da forma de vida, que se desenvolven directamente polos concellos. No caso de Vigo, indicou que os realoxos das familias estanse a desenvolver en réxime de alugueiro. Neste sentido precisou que en virtude do convenio, a Consellería de Vivenda sufraga o 65 por cento dos gastos e o Concello de Vigo o 25 por cento, mentres que as propias familias realoxadas fanse cargo do 10 por cento restante. "O noso obxectivo consiste en garantir que as persoas teñan condicións de vida dignas", salientou.
María Méndez, na súa intervención, explicou que a Concellería de Benestar Social está a desenvolver diferentes actividades para potenciar a integración dos colectivos minoritarios, como os xitanos e os ciganos. Sinalou que un dos motivos da inexistencia de conflictividade en Vigo neste tema débese ao feito de que se leva traballando "dende hai moito tempo e en silencio". Salientou que na actualidade estase a traballar con 50 familias nos eidos da educación, a sanidade, a vivenda e a adquisición de hábitos normalizados, co obxectivo de que a integración sexa completa.
"É a primeira vez que o Concello de Vigo se adhire ás subvencións da Concellería de Vivenda, pese a que estas comezaron no ano 2005", destacou a concelleira nacionalista. Explicou que o colectivo xitano e cigano en Vigo é de 1.056 persoas, agrupadas en 245 familias. A situación de chabolismo dase en 67 familias, cifra que represetna o 27 por cento do total. "Se o Concello tivera participado dende o principio nos programas da Concellería de Vivenda o proceso de erradicación do chabolismo estaría máis avanzado", precisou.
Descargar todas as imaxes