As obras de humanización do entorno de Povisa estarán rematadas antes do nadal
O alcalde visitou hoxe as obras de humanización do entorno de Povisa, que esperan estar rematadas entre o 15 e o 20 de decembro. Nos próximos presupostos xa se contempla unha partida para continuar as obras e rematar o mandato co tramo entre a rúa Regueiro e Praza de España totalmente reformado.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe as obras do entorno de POVISA, que cun prazo de execución de 5 meses e un orzamento que supera os 2,7 millóns de euros esperan estar rematadas antes do Nadal. Segundo o alcalde "a zona vai quedar constituida como un novo centro da cidade, calidades máximas, zonas verdes, aceras de máis de 5 metros e o tráfico ben calculado para que moleste o mínimo os peóns"
O alcalde considera que "o proceso de humanización permitirá a mellora desta zona de expansión da cidade e o comercio vai ter maior auxe". As obras desta zona empezaron cunha partida para as rúas do entorno de Povisa cun orzamento de 2,7 millóns de euros, nos próximos orzamentos xa se contempla unha partida para a segunda fase e nos do seguinte ano a terceira e derradeira, o obxectivo é que en todo o mandato quede reformado dende Regueiro ata a Praza de España.