47 artistas de Igual Arte participan na mostra "Encontros diverxentes", ubicada na praza da Independencia
Amosar as expresións artísticas das persoas con necesidades educativas especiais nun espazo tan especial como pode ser un autobús urbano configura un dos obxectivos da mostra "Encontros diverxentes", inaugurada este xoves na Praza da Independencia e que a partir do 9 deste mes de outubro comezará o seu percorrido polas diferentes cidades galegas.
No acto de inauguración, no que a Escola Superior de Arte Dramático de Galicia participou cunha animación teatral, o director xeral da Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño, felicitaron á Fundación Igual Arte polo desenvolvemento desta iniciativa.
O director xeral da Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, cualificou a plasmación da creación artística por parte de 47 alumnos e alumnas da Fundación Igual Arte tomando un autobús urbano como contedor artístico como un "proxecto singular e pioneiro" en toda Galiza. "Quero invitar a toda a cidadanía a subirse a este bus especial, un autobús eiruga de 18 metros, e así compartir a viaxe pola igualdade e a expresión artística", subliñou na súa intervención.
O concelleiro de Cultura, Xesus López, pola súa parte, felicitou a Fundación Igual Arte, por levar a cabo esta iniciativa, que se desenvolve tras varias colaboracións consecutivas nas que os autobuses urbanos de Vigo se converteron en expositores de obras realizadas por alumnos e alumnas de Igual Arte. Precisamente froito do encontro destas persoas co autobús nacen obras en diferentes soportes artísticos, que van dende o collage e técnica mixta ata esculturas e vídeos expositivos. Estes últimos consisten en gravacións da fundación realizadas co apoio do realizador Julián Maguna onde se poden ver as entrevistas realizadas polo alumnado de Igual Arte aos conductores de Vitrasa, ou o vídeo dunha performance a bordo dun autobús.
"É unha honra para todos os concelleiros de Vigo participar na inauguración desta exposición", manifestou o concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, quen así mesmo subliñou que "Encontros diferentes" é unha "aposta pola accesibilidade e a eliminación das barreiras".
"Encontros diverxentes" pode visitarse ata o vindeiro 5 de outubro en horario ininterrumpido de 11 a 21 horas na praza da Independencia. Os días 9, 10 e 11 de outubro poderá visitarse na pontevedresa praza da Ferrería; os días 16, 17 e 18 deste mes estará instalada no paseo central da Alameda de Santiago de Compostela. Os días 21, 22 e 23 de outubro o público poderá visitala na praza de Santa María de Lugo. Os días 26, 27 e 28 de outubro instalarase nos xardíns de Méndez Núñez de A Coruña. Os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro estará na rúa ourensá Bispo Cesáreo, e finalmente, os días 5 e 6 de novembro poderá visitarse novamente en Vigo, desta volta na Porta do Sol.
Descargar todas as imaxes