Escoitar

Sesións de contacontos os domingos no Verbum

O museo Verbum – Casa das Palabras propon para as mañás dos domingos do mes de outubro sesións de contacontos galegos a cargo de dúas profesionais da narración oral: Paula Carballeira e Eva Cabo.

venres, 3 out 2008
Domingo 5 de outubro: "Eu son do mundo mundial". Contos de cerca e de lonxe, de aquí,
alá e acolá. ¿Cambian as historias dun país a outro? Espectáculo baseado en historias do mundo
mundial para acercar as distintas culturas da terra aos nenos. Conta Eva Cabo

Domingo 12 de outubro: "O alento do dragón". Contos de animais fantásticos: o dragón que
acabou coa biblioteca de Alexandría, o mono que quixo ser rei, o raposo que se disfrazou de
muller. A tradición oral de África e a de Galicia, un mundo de historias sen fronteiras. Conta
Paula Carballeira.

Domingo 19 de outubro: "Contos para levar na maleta" ¿Cantos contos caben nunha
maleta? Os nenos e familias decidirán as historias ao sacar os distintos obxectos da maleta.
Conta Eva Cabo

Domingo 26 de outubro: "Animais de mil mañas". Contos de animais con máis enxeño que
moitas persoas, recollidos de tradicións galegas, asiáticas e africanas. Conta Paula Carballeira.

PARA NENOS/AS A PARTIR DE 3 ANOS E FAMILIAS
1 € POR ASISTENTE
COMEZO ÁS 12:00
AFORO LIMITADO A 50 PERSOAS. ENTRADA POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA