Escoitar
Mobilidade, Seguridade e Transportes

Peche ao tráfico da rúa Carral

venres, 3 out 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de pavimento, a
realizar pola empresa Ute Movexvial Raga, estará pechada ao tráfico a rúa Carral, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 7 de outubro de 2008 e por un período aproximado de dúas semanas.

Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas García Olloqui (en dobre sentido), Praza de Compostela (en dobre sentido) e Reconquista.

Mentres dure a obra e para garantir o acceso ao Casco Vello, establécese sentido único cara a rúa
Carral na rúa Victoria.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.