Santi Domínguez anuncia que en novembro comezará o servizo de coidadores de barrio do Casco Vello
No mes de novembro o Casco Vello contará cun pioneiro servizo que traballará activamente para mellorar a zona histórica máis emblemática de Vigo, como é o dos coidadores de barrio. Así o anunciou este venres o presidente do Consorcio do Casco Vello e tenente de alcalde, Santi Domínguez, quen xunto á concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou o primeiro curso formativo Coidadores de Barrio , que se desenvolve no Centro Cívico do Casco Vello durante todo este mes de outubro.
Durante a visita, Santi Domínguez aseguroulle ás quince persoas participantes na acción formativa que forman unha parte "moi importante" da aposta que dende o goberno da cidade e en particular dende a Tenencia de Alcaldía se está a facer polo Casco Vello. "Trátase dunha iniciativa pioneira en Galiza na que temos postas moitas ilusións", salientou. Así mesmo, explicou que con este proxecto quérese "satisfacer as demandas da veciñanza do barrio, de xeito que a súa paciencia en todos estes anos se vexa recompensada".
"Hoxe é un día moi importante e de gran satisfacción", subliñou o tenente de alcalde, quen indicou que deste curso e doutro que comezará a vindeira semana "sairán os quince coidadores do Casco Vello". Así, o nacionalista salientou que con esta iniciativa, máis a limpeza das fachadas e os esforzos de rehabilitación dos inmobles "damos cumprida resposta ao que dicíamos na campaña electoral no tocante á revitalización integral do barrio histórico de Vigo".
Santi Domínguez explicou, ademais, que arredor de 50 persoas formalizaron a solicitude para participar nos cursos, das que foron elixidas trinta. "Posto que un dos obxectivos que quere cumprir este proxecto é o da reinserción laboral, na elección déuselle preferenza, tal e como o indicaban as bases, ás mulleres de maiores de 40 anos e aos parados e paradas de longa duración", manifestou. Das trinta persoas participantes nos dous cursos, quince serán as seleccionadas para desenvolver o servizo, mentres que as outras quince integrarán a lista de agarda.
Os coidadores de barrio do Casco Vello ofrecerán diversos servizos encamiñados á información da cidadanía, a promoción turística e a procura de información aos visitantes, e a atención ás persoas. En calquera deles, a rapidez será o denominador común, así como a atención personalizada, empática e humana aos usuarios e usuarias. Deste xeito, procúrase a dinamización económica e social deste barrio, facilitando tanto ao Concello de Vigo como ao Consorcio do Casco Vello información en tempo real sobre o estado da vía pública como o deterioro dos inmobles e outros elementos. Ademais, e entre outros cometidos, os coidadores de barrio deberán colaborar coas forzas de seguridade, así como as as empresas de auga, gas e electricidade, tanto en horario diurno como nocturno.
A resolución de conflitos, a lexislación, os primeiros auxilios, así como as funcións específicas dos coidadores e das coidadoras de barrio son as materias recollidos neste curso, que será impartido por profesional especializado de cada tema.
Descargar todas as imaxes