Escoitar

Catro liñas do Vitrasa serán de balde o vindeiro luns

Así o anunciou este venres o concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, como medida de apoio do Concello de Vigo ao Día Sen o Meu Coche, que se celebra o próximo luns. As liñas 12a, 12b, 13 e 31 non terán custo algún para os usuarios, co obxectivo de aproximar este servizo ás parroquias, explicou Xulio Calviño.

venres, 19 set 2008
O concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño, avanzou este venres que as liñas 12a, 12b, 13 e 31 do VITRASA non terán custo algún para os usuarios o próximo luns, 22 de setembro.

Tráfico adopta esta medida para apoiar o Dia Sen O Meu Coche, que ten lugar na citada data. O obxecto desta celebración é priorizar o transporte público e os sistemas de desprazamento menos contaminantes neste simbólico día.

Este ano, explico Calviño, o Concello cambia a tónica habitual e fai gratuitos os servizos de VITRASA que unen distintas parroquias ou estas co centro da cidade, para aproximar o servizo a todos os vigueses.

A liña 12a une Saiáns co Hospital Meixoeiro, a 12b comeza en Matamá para rematar no citado centro hospitalario, a 13 parte da Praza da Indepencia e finaliza no Meixoeiro e a liña 31 enlaza Teis co hospital; todos atravesan o centro da cidade, segundo informou o edil.

Reordenación tráfico
Xulio Calviño explicou a adopción dunha nova medida orientada a mellorar o tráfico no entorno de POVISA, onde varias rúas están en obras pola humanización do entorno.

Deste xeito, a rúa Amor Ruibal, que une Hispanidade co Camiño do Regueiro (zona