Escoitar

O Marco inaugura a mostra colectiva colectiva ‘A GRANDE TRANSFORMACIÓN. Arte e maxia táctica’

O Marco inaugura a mostra colectiva colectiva ‘A GRANDE TRANSFORMACIÓN. Arte e maxia táctica’ que se pode visitar desde o día 19 de setembro ata o 11 de xaneiro. A exposición reúne preto dunha trintena de pezas, entre fotografías, vídeos, películas, instalacións, pezas escultóricas, e a performance Feedback - Jack of Many Trades, do grupo de artistas Ride.1, que terá lugar na xornada inaugural.

venres, 19 set 2008
1221827891macuga.jpg
Goshka Macuga
Coproducida polo MARCO de Vigo e o Frankfurter Kunstverein, a mostra colectiva ‘A GRANDE TRANSFORMACIÓN. Arte e maxia táctica’, comisariada por Chus Martínez, pretende documentar o novo interese da produción artística contemporánea pola maxia e polo oculto, entendendo a maxia nun sentido político, como recurso, como metodoloxía, e como nova forma de resistencia individual.

A exposición reúne preto dunha trintena de pezas, entre fotografías, vídeos, películas, instalacións, pezas escultóricas, e a performance Feedback - Jack of Many Trades, do grupo de artistas Ride.1, que terá lugar na xornada inaugural. Como complemento das obras en sala, a mostra inclúe unha fotografía de Erich Consemüller procedente do arquivo da Bauhaus (no vestíbulo de entrada) e tres películas dos cineastas Maya Deren, Werner Herzog e Jean Rouch, que están a disposición do público na Biblioteca/Centro de Documentación do MARCO no seu horario de apertura (martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00).
Descargar todas as imaxes

Máis información