martes, 16 set 2008
O Concello de Vigo e o Plan Comunitario de Teis desenvolverán un proxecto de atención á infancia no barrio de Teis con apoio psicopedagóxico, lúdico e social tentando previr situacións de risco e favorecendo a integración. As concellerías de Benestar Social, Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística traballarán coordinadamente, en colaboración co Plan Comunitario, nunha iniciativa que ten unha dotación económica de 42.000 euros.
martes, 16 set 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe martes un encontro co Director Xeral de Desenvolvemento Sostible e o delegado provincial da Consellería de Medioambiente da Xunta. Tras a reunión, o mandatario local informou que "nun par de días", previa autorización dos xulgados, se procederá á retirada dos deterxentes e lexías restantes e ao apuntalamento de emerxencia da nave calcinada.
martes, 16 set 2008
O festival Sinsal inicia o vindeiro venres a súa edición de outono coa actuación dos norteamericano Vic Chesnutt e Elf Power no Centro Cultural Caixanova. O concelleiro de Cultura, Xesús López, salientou na presentación o importante papel que este certame xoga no ámbito cultural da cidade, xa que todos os artistas é a primeira vez que actúa en Vigo.
martes, 16 set 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a delegada territorial en Vigo da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Begoña Martín, asinaron hoxe martes ante notario a formalización da cesión dos terreos en Navia da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. O valor do solo, explicou o rexedor, "xira en torno aos 600.000 euros". <br />
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
martes, 16 set 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización da rúa <br />
Salamanca, a realizar pola empresa MOVEXVIAL, estará pechada ao tráfico no treito entre as rúas Zaragoza e Pintor Colmeiro, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 17 de setembro de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado de nove semanas.<br />
<br />