mércores, 17 setembro 2008

Benestar Social destina 20.000 euros aos obradoiros paralelos da Asociación de Enfermos de Alzheimer <br />

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou hoxe que o Concello de Vigo estableceu por primeira vez un convenio coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afaga) para colaborar no desenvolvemento das actividades que promove. Concretamente vanse a aportar 20.000 euros para o programa "Obradoioros paralelos", dirixido aos enfermos e os seus familiares.

Amigos dos Pazos informa ao alcalde das rutas xacobeas con paso pola cidade

mércores, 17 set 2008

Abel Caballero recibiu este mércores á Asociación, quen informou ao alcalde da existencia de dúas rutas a Compostela procedentes de Portugal que atravesan Vigo: unha por Tomiño e Gondomar e outra desde O Rosal e Nigrán. O rexedor calificou de "moi satisfactoria" a reunión e abogou por un acordo "sen protagonismos políticos" entre todos os alcaldes.

O alcalde salienta a "enorme calidade" do granito da factoría viguesa de Cupa Group

mércores, 17 set 2008

A antiga Ramilo, agora CUPA Group, acolleu hoxe mércores a visita do alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen constatou a capacidade do granito vigués de competir en plena globalización cun produto "de enorme calidade, resistencia e durabilidade"; un granito de aspecto externo "mellor imposible" e que garante a produtividade do investimento, por exemplo, nas humanizacións.