Escoitar

Amigos dos Pazos informa ao alcalde das rutas xacobeas con paso pola cidade

Abel Caballero recibiu este mércores á Asociación, quen informou ao alcalde da existencia de dúas rutas a Compostela procedentes de Portugal que atravesan Vigo: unha por Tomiño e Gondomar e outra desde O Rosal e Nigrán. O rexedor calificou de "moi satisfactoria" a reunión e abogou por un acordo "sen protagonismos políticos" entre todos os alcaldes.

mércores, 17 set 2008
1221657964amigospazos.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este mércores á Asociación Amigos dos Pazos para informarse e coñecer "as bases científico históricas" que avalan o Camiño de Santiago pola costa, a súa relación coa cidade e a súa continuación.

O alcalde cualificou de "moi satisfactoria" a reunión pois soubo que existen dous camiños que pasan pola cidade olívica, un norte desde Portugal, por Tomiño e Gondomar ata chegar a Vigo; e outro que transcorre por Oia, O Rosal, Baiona e Migrán ata a cidade, segundo explicou.

Ambos camiños, salientou Abel Caballero, conflúen en Redondela e desde alí continúan a súa peregrinase ata Compostela. O alcalde agradeceu a Asociación a colaboración e a información, xa que lle sirve, manifestou, para elaborar a súa propia proposta.

A este respecto, o mandatario se remitiu ao encontro convocado para a tarde deste mércores no Pazo de Castrelos cos alcaldes involucrados na ruta, xa que considera que esta tema debe tratarse "sen protagonismos políticos".
Descargar todas as imaxes