Unha campaña de información alertará aos cidadáns da nova regulación de carga e descarga
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, procura "mellorar o tráfico e por conseguinte a calidade de vida dos cidadáns" cunha campaña de información sobre a nova ordenanza de carga e descarga. O vindeiro domingo dará comezo, e inclúe publicidade en radio, prensa e televisión, cartelería pola cidade, anuncios nos autobuses e 100.000 folletos que serán repartidos polos vehículos aparcados.
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este xoves a campaña de información aos cidadáns sobre a nova ordenanza de carga e descarga que entrará en vigor próximamente. O obxectivo da medida é "mellorar o tráfico e, por conseguinte, a calidade de vida dos cidadáns", argumentou Calviño.
A campaña consta de dúas fases: unha primeira na que se informará da nova normativa con exemplos das actuacións permitidas, ilustradas por un vehículo de cor verde, e das prohibidas, cun coche vermello. E unha segunda fase máis "simpático agresiva", en verbas do edil, dirixida aos "rezagados", nos que se "elevarán ao absurdo" algunhas actuacións non permitidas, como que os turismos fagan carga e descarga nas zonas habilitadas para elo.
O emprego das cores tamén está presente na propia sinalización horizontal, xa que os máis de 300 espazos que se reservarán para tarefas de carga e descarga estarán delimitados coa cor amarela.
O próximo domingo dará comezo a campaña, que se alongará ata finais de xullo, aproximadamente. Para a información aos cidadáns, se publicarán anuncios en prensa e televisión, cuñas na radio; se instalarán carteis no mobiliario municipal, nalgúns establecementos e nos VITRASA, a que Calviño agradeceu a súa "disposición".
Estas actuacións se completarán coa distribución polos parabrisas dos vehículos aparcados pola cidade un total de 100.000 folletos informativos, distribuídos por equipos identificados; un tríptico no que se informará de como funciona a carga e descarga, da axeitada realización da mesma e da nova sinalización.
A campaña dará comezo o vindeiro domingo, xa que, segundo explicou o edil, o Boletín Oficial da Provincia publicará nos próximos días a nova ordenanza e, a partir de entón, a regulación entrará en vigor en 15 días.
Unha vez entre en funcionamento, a Concellería procederá a cambiar a sinalización actual pola nova, algo que, segundo manifestou Calviño, podería levar "menos dunha semana". Durante o tempo, a vixente será a que estea instalada en cada zona, ata que todas sexan substituídas. O concelleiro avanzou que as sancións durante este tempo serán "reducidas".