Bob Dylan chega a Vigo o 27 de xuño para presentar o último disco e consolidar á cidade como referente de concertos
"Resulta moi importante para a cidade non perder a gran estela que nos deixou o concerto de Lenny Kravitz no Instituto Feiral de Vigo", salientou este mércores o tenente de alcalde, Santi Domínguez, na presentación do concerto que Bob Dylan ofrecerá o vindeiro 27 de xuño, na que tamén participaron o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o xerente do Ifevi, Arsenio Iglesias. Na montaxe do concerto, que terá lugar o día 26, participarán arredor de 100 persoas e o cantante estará acompañado por unha banda de 10 persoas e 30 integrantes do equipo técnico.
Santi Domínguez explicou que Bob Dylan contará non só con público vigués, senón tamén con asistentes de fóra da cidade que nestes días se están a por en contacto coa organización para coñecer os puntos de venda das entradas, das que xa van vendidas máis de 5.000 e teñen un custo de 35 euros. Ao respecto, o tenente de alcalde sinalou que se espera chegar a contar entre 6.000 e 6.500 espectadores, "o que consideramos normal e ideal para concertos destas características".
En canto ás peticións realizadas por Bob Dylan, Santi Domínguez salientou que non pediu "nada fóra do normal", agás unha cociña á súa disposición porque vén co seu propio servizo de cátering. O artista actuará nun escenario de 18 por 14 metros, con dous metros de alto equipado con dúas pantallas; ademais, do teito do Ifevi colgarán un total de 18 toneladas de material, transportadas en catro tráilers, ademais de catro autobuses, tres turismos e unha furgoneta.
O tenente de alcalde recomendou a utilización do servizo gratuíto de lanzadeiras, a fin de evitar os problemas de atascos nos accesos ao recinto feiral e os inconvintes de ter que buscar aparcamento. Así, explicou que haberá a disposición do público tres lanzadeiras gratuítas, que sairán do Areal, da Praza Eugenio Fadrique e da Praza de España. Do Areal partirán ás 19.45 e ás 20.05 horas; da Praza Eugenio Fadrique ás 19.55 e ás 20.15 horas; e da praza de España ás 19.50, ás 20, ás 20.10 e ás 20.20 horas. Unha vez rematado o concerto os autobuses sairán do Ifevi cunha frecuencia de dez minutos e voltarán aos puntos de partida. Ademais, Santi Domínguez felicitou ao xerente do Ifevi, Arsenio Iglesias, e ao seu equipo "polo traballo desenvolvido nestas xornadas".
O concelleiro de Cultura, Xesus López, pola súa banda, explicou que Bob Dylan ten sido, durante cinco décadas, unha das máis importantes figuras da música contemporánea e un dos compositores e músicos máis influíntes e prolíficos do século XX e estará en Vigo para presentar o su último traballo "Moder times", unha reflexión sobre o tempo. O concelleiro nacionalista lembrou que algunhas das cancións do artista de Minnesota, como "Blowin in the Wind" ou "The Times They Are a Changin" foron considerados himnos antibélicos e dos movementos civís daquela época, de finais dos anos sesenta e principios dos setenta, "aos anos aos que se remonta o meu coñecemento de Bob Dylan", recoñeceu. "É unha gran satisfacción para min como concelleiro de Cultura presentar o concerto de Bob Dylan na nosa cidade, despois do total éxito de Lenny Kravitz", subliñóu o concelleiro do BNG, quen salientou que o artista norteamericano ten sido nomeado en diversas ocasións para o Nobel e no ano 2007 foille concedido o Príncipe de Asturias das Artes.
Xesus López, ademais, anunciou que Pedro Javier Hermosilla será o teloneiro do cantautor norteamericano, quen presentará en Vigo o seu terceiro traballo "Tres y...", un disco grabado en estudio, en directo e con formato de banda completa. O cantante catalán ten tocado durante once anos en directo nas salas pequenas, e no ano 2003 editou o seu primeiro traballo, "Amuleto de agua errante", e no 2005 o segundo, "Por un ratito en tus oídos".
Descargar todas as imaxes