Escoitar

A Feira da Construción reunirá a máis de 400 empresas no IFEVI

Durante catro días, Vigo, será referente para empresarios, asociacións e institucións relacionadas co sector da construción. Na segunda edición da feira da Construción de Galicia, SICO 2008, que se celebrará do 26 ao 29 de xuño no IFEVI, daranse cita máis de 400 empresas e 200 expositores, que representan a máis de 1.000 firmas estatais e internacionais.

martes, 17 xuñ 2008
1213705652cartelsico.jpg
A Feira presentouse está mañá en rolda de prensa por parte do tenente de alcalde, Santiago Domínguez; o presidente de Aproin, Javier Garrido; o director xerente de Planner & Proceltha; o director de Muéstralo, Javier Arnau, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto.

O certame, promovido pola Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios de Pontevedra (Aproin), está co-organizado polas empresas Planner & Proceltha e Muéstralo, e conta con patrocinio da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra (APEC), Caixanova e Aqualia.

Arquitectos, aparelladores, decoradores, constructores, promotores inmobiliarios e profesionais deste sector atoparán en SICO a oportunidade de coñecer ás últimas novidades en informática e domótica aplicada á construción, maquinaria de construción e obras públicas, aillamentos, material topográfico, sistemas de elevación e transporte,etc. Durante catro días prevese a asistencia de máis de 5.000 profesionais e 25.000 persoas.

Ó tratarse dunha feira mixta, aberta tanto ao público xeral como aos profesionais, a mostra ofrecerá unha ampla variedade de productos para o cliente final, desde equipamentos para piscinas, mobiliario para xardín, casas prefabricadas, promocións inmobiliarias e elementos decorativos ata a máis avanzada tecnoloxía como la domótica e outras aplicacións para mellorar a calidade de vida nos fogares.

Paralelamente á exposición celebrarase unha xornadas técnicas sobre as novas normativas en materia inmobiliaria, a Lei de Subcontratación, o traballo transfronterizo, o rexistro de Empresas Acreditadas, a seguridade e a prevención e o aproveitamento das enerxías renovables.
1213705652cartelsico.jpg
1213705668feriacons.jpg
Descargar todas as imaxes