Iolanda Veloso clausurou hoxe o programa "Camiña con nós pola igualdade", no que participaron 2.200 estudantes da cidade<br />
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clasusurou este xoves no CEIP O Pombal o programa "Camiña con nós pola igualdade", no que participaron máis de 2.200 de 29 centros educativos vigueses. O obxectivo desta iniciativa, radica, segundo a edil, en que a educación de nenos e nenas pase de "educación mixta a coeducación e fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas".
"Remata o curso e con el os obradoiros que se levaron a cabo nos niveis de infantil e primaria de 29 colexios de Vigo", explicou Iolanda Veloso quen sinalou que a prioridade do segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos) débese ao feito de que se trata dunha "etapa idónea para traballar a coeducación, a igualdade de oportunidades entre xéneros e a prevención de condutas violentas". Pola súa banda, a importancia do último curso de Educación Primaria (6º curso) radica en que se trata dunha "etapa de transición á Educación Secundaria Obrigatoria", na que resulta fundamental proporcionar ferramentas que lle permitan ao alumnado desenvolver interaccións positivas e igualitarias".
Iolanda Veloso sinalou que se trata de "traballar cos cativos e ver como se reparten os roles na sociedade de xeito que poidan ver que é posible facer as cousas de forma diferente". Mediante os obradoiros desenvolvidos, centrados na familia e a corresponsabilidade, o traballo, a presenza das mulleres e a afectividade os propios rapaces e rapazas "danse conta das diferenzas que existen nas súas propias aulas e nas súas casas", explicou a concelleira. "Pensamos que acadamos o obxectivo de promover unha reflexión sobre a igualdade e atendendo ás enquisas de avaliación recibidas, o profesorado móstrase satisfeito co desenvolvemento do programa", salientou. Neste sentido, anunciou que o programa ampliarase de cara o vindeiro curso, coa inclusión de novos centros educativos participantes.
Descargar todas as imaxes