Escoitar

O Goberno Local adapta a Mesa de Contratación á nova Lei de Contratos

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar onte, fóra da orde do día, a adaptación organizativa da Mesa de Contratación á nova Lei de Contratos do Sector Público (LCSP), en vigor desde o 30 de abril.

martes, 17 xuñ 2008
Algunhas das principais modificacións incluidas no funcionamento orgánico da Mesa son o incremento dos importes dos denominados contratos menores. No caso dos de obras, a contía se eleva de 30.000 a 50.000 euros, e nos de subministros e nos denominados xenéricamente contratos de servizos pasa de 12.000 aos 18.000 actuais.

Ademais, a nova Lei de Contratos aconsella que se integre na Mesa persoal técnico, nomeando específicamente ao Secretario Xeral do Pleno e ao Xefe de Servizo que teña atribuída a competencia para a tramitación do expedente de contratación, tal e como o adaptou o goberno local.

Unha das novidades salientables que inclúe a reorganización aprobada onte é a inserción na páxina web municipal do denominado "perfil do contratante", que contempla os datos, cautelas e calquera información destinada a facilitar e promover a publicidade e concorrencia dos procedementos de licitación.

Constitución preceptiva
A nova lei obriga a establecer determinadas cautelas nos procedementos de adxudicación, polo que indica que, nos procedementos negociados nos que non sexa necesario publicar anuncio de licitación (importes inferiores aos 200.000 euros nos contratos de obras e inferores a 60.000 nos restantes) a constitución da mesa será potestativa.

A Alcaldía, impulsora do acordo aprobado onte, considerou que resultaría axeitado, para mellorar a asistencia da Xunta de Goberno Local na adxudicación, que a constitución da Mesa sexa preceptiva en todos os procedementos negociados, sexa cal sexa o valor estimado da contratación, e requiran ou non publicación de anuncio. Será a Mesa a que negocie os aspectos económicos e técnicos do contrato.

Comité de Expertos
Cando se atribuia a criterios que depandan dun xuizo de valor unha puntuación, a Mesa nomeará un Comité de Expertos dun mínimo de tres membros e non integrados na dependencia ou servizo propoñente do contrato.

A Mesa incorporará a puntuación deste Comité á propia dos criterios de aplicación automática, resultando de todo elo a avaliación das distintas ofertas.

Nos procedementos de diálogo competitivo, se incorporarán á Mesa de Contratación persoas cualificadas na materia, designadas pola Xunta de Goberno, nun número igual ou superior ao tercio dos membros da Mesa. Participarán nas deliberacións con voz e voto.

Integrantes da Mesa
Tras a sesión ordinaria da Xunta de Goberno, a composición da Mesa de Contratación queda presidida polo Concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, co Xefe de Negociado de Contratación como Secretario, e cos seguintes vocais: os concelleiros Raquel Díaz, Carlos Comesaña e Xesús López, xunto co titular da Asesoría Xurídica, o Interventor Xeral e o Secretario Xeral do Pleno e o Xefe de Servizo competente para cada expediente.