xoves, 19 xuñ 2008
O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, presentou este xoves as melloras das páxinas web municipais e os proxectos para o futuro. As reformas, que son introducidas paulatinamente, converten á web en "máis sinxela e accesible" e incrementa a interacción da adminstración local cos cidadáns. Tamén se incorporou son aos contidos, que se pode escoitar on-line descargar en formato mp3.
xoves, 19 xuñ 2008
Abel Caballero e Raquel Díaz percorreron este xoves o parque, ubicado na parroquia de Teis. Alí se acometeu un paseo central, un camiño que leva ao anfiteatro do final do parque. A obra tivo un coste de 40.000 euros, e o alcalde salientou que esta zona non é moi coñecida polos cidadáns, polo que se va a intentar fomentar o uso do anfiteatro, para que os vigueses coñezan o lugar.
xoves, 19 xuñ 2008
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, entregou hoxe aos colexios Monte Alba e Salesianos e ao Instituto de Ensino Secundario Castelao os incentivos que os acreditan como gañadores da campaña de promoción de igualdade de oportunidades nos centros educativos. Iolanda Veloso salientou o traballo que estes tres centros de ensino están a desenvolver no tocante á coeducación, da man dos seus respectivos directores, presentes no acto.
xoves, 19 xuñ 2008
O polideportivo das Travesas acollerá o vindeiro sábado, 21 de xuño, a xornada de clausura do programa Vigo en Xogo, segundo anunciou este mércores o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Así dende ás 9 horas ata ás 20 horas, cando o tenente de alcalde, Santi Domínguez e o concelleiro de Deportes presidan a entrega de trofeos aos participantes, nas diversas instalacións do polideportivo celebraranse probas de fútbol sala, fútbol sala e baloncesto.
xoves, 19 xuñ 2008
A Escola Municipal de Música de Vigo participará no I encontro galego de Escolas Municipais de Música organizado pola AGEMM (Asociación Galega de Escolas Municipais de Música) que se celebra en Santiago de Compostela o próximo sábado 21 de xuño.
xoves, 19 xuñ 2008
A Escola Municipal de Danza celebrará mañá venres o Festival de Fin de Curso 2007/2008. O acto terá lugar na Praza do Rei a partir das 20.30 horas. Neste festival está prevista a participación de 240 alumnos e alumnas de danza e percusión tradicional.<br />