Iolanda Veloso entregou os premios aos colexios gañadores do campaña de promoción da igualdade de oportunidades
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, entregou hoxe aos colexios Monte Alba e Salesianos e ao Instituto de Ensino Secundario Castelao os incentivos que os acreditan como gañadores da campaña de promoción de igualdade de oportunidades nos centros educativos. Iolanda Veloso salientou o traballo que estes tres centros de ensino están a desenvolver no tocante á coeducación, da man dos seus respectivos directores, presentes no acto.
A convocatoria deste programa de incentivos dirixidos aos centros educativos ten como obxectivo "potenciar proxectos e experiencias que busquen a promoción da igualdade de oportunidades para ámbolos dous sexos nos diferentes eidos da vida escolar e avance cara a un modelo integral no que non teñan cabida sesgos derivados do sexismo tradicional androcéntrico", explicou a concelleira do BNG. Así, na convocatoria deste ano, o primeiro premio, dotado con 1.000 euros para investir nun proxecto de igualdade a realizar no vindeiro curso, foi concedido ao colexio Monte do Alba. Ademais, dous áccesits, dotados con 500 euros cada un, foron otourgados ao colexio Salesiano e ao Instituto de Ensino Secundario Castelao.
O acto, no que se entregaron agasallos aos alumnos e alumnas destes tres centros educativos participantes no programa, tamén contou coa actuación da clown e paiasa Natalia Outeiro "Pajarito", quen interpretou un contacontos baseado no tema da igualdade.
O acto, no que se entregaron agasallos aos alumnos e alumnas destes tres centros educativos participantes no programa, tamén contou coa actuación da clown e paiasa Natalia Outeiro "Pajarito", quen interpretou un contacontos baseado no tema da igualdade.