Escoitar

O tenente de alcalde e a concelleira de Benestar visitan a estrutura anexa ao colexio Fleming

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar, María Méndez, visitaron hoxe o colexio Fleming e a estrutura anexa ao seu edificio invitados pola directiva do centro, que quixeron expoñerlles sobre o terreo cales son as súas necesidades e as propostas que fan para ese espazo.

mércores, 18 xuñ 2008
1213791894visitafleming.jpg
Santi Domínguez e María Méndez sinalaron que terán en conta as demandas que fai a comunidade escolar e, na medida das súas responsabilidades, tentarán darlles a solución máis acaída. Ademáis, de reclamar a necesidade que teñen de contar cun espazo deportivo, fundamentalmente os responsables do colexio Fleming fixeron fincapé na necesidade de que se lle dea xa unha solución a ese estrutura, que leva anos sen utilizar e que podería dar servizo as súas necesidades e tamén a outras vellas demandas da zona.

O tenente de alcalde defende que nesa zona estrutura se reserve espazo para unha zona sociocomunitaria para o barrio, na que se poderían atender as demandas do colexio Fleming, e tamén incorporar un centro de día. Santi Domínguez entende que eses usos non son incompatible con outros que se podan definir para esa estrutura. No que si coincidiu o tenente de alcalde co director do centro é en que urxe darlle unha solución.
Descargar todas as imaxes