Escoitar

Máis de 240 alumnos e alumnas participarán o venres no Festival de Fin de Curso da Escola Municipal de Danza

A Escola Municipal de Danza celebrará mañá venres o Festival de Fin de Curso 2007/2008. O acto terá lugar na Praza do Rei a partir das 20.30 horas. Neste festival está prevista a participación de 240 alumnos e alumnas de danza e percusión tradicional.<br />

xoves, 19 xuñ 2008
A actuación dos distintos grupos teá lugar co acompañamento do grupo de gaitas Airiños do Parque de Castrelos, galardoados no ano 1993 como Vigueses Distinguidos.

Con este festival trátase de amosar a toda a cidadanía o traballo desenvolvido polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Danza ao longo de todo o curso.