Santi Domínguez presenta os servizos de información turística da campaña de verán que incrementan a súa oferta e persoal
O vindeiro mércores, 18 de xuño, iniciarase a temporada de verán 2008 coa posta en marcha dos servizos de información turística de Vigo, segundo anunciou este luns o tenente de alcalde,Santi Domínguez. Así, abriranse as oficinas de turismo ubicadas na Estación Marítima, A Pedra, Praza de España, Estación de Renfe e Porta do Sol, onde se facilitará información para todas as persoas que cheguen á cidade, porase en marcha o Bus Turístico e tamén as rutas culturais.
"Dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Turismo estamos a facer unha aposta por que a información que faciliten as oficinas turísticas sexa o máis ampla posible", explicou Santi Domínguez, quen subliñou que este ano amplíase en catro persoas o número de informadores turísticos da cidade repecto á campaña do verán do 2007, de xeito que nesta campaña haberá un total de 12. Ademais, sinalou que estase a traballar na renovación de toda a documentación turística, tanto guías como folletos e rueiros. Neste sentido sinalou que a maior parte dos documentos datan do ano pasado, polo que precisan ser actualizados "á propia realidade da cidade".
Santi Domínguez explicou que se incluirá información específica para os cruceiros, de xeito que poidan ter a documentación "incluso antes de desembarcar no noso porto". O obxectivo que se pretende, segundo o tenente de alcalde, é o de acadar que Vigo sexa "base permanente para os desprazamentos que fagan os cruceiristas" e que a información chegue a todas as persoas que visitan a cidade, ben sexa por terra, mediante as conexións aéreas ou por mar. Para ilo facilitarase información nas oficinas da Pedra, Praza de España, Estación de Renfe, Porta do Sol e Estación Marítima, que en pouco tempo contará cun novo emprazamento, no interior da Estación Marítima, de xeito que estea situada no lugar onde se produce o desembarco dos cruceiristas. Segundo o tenente de alcalde, as cuestións relacionadas coa gastronomía, as praias e as ofertas de ocio e culturas son as máis demandadas polos visitantes
O tenente de alcalde salientou que esta campaña de información turística da cidade correspondente ao verán de 2008 complétase coa continuación dos servizos do Bus Turístico e as rutas guiadas gratuítas pola cidade. O Bus Turístico ofrecerá os seus percorridos catro veces ao día, dúas pola mañá e dúas pola tarde, coas saídas ás 10, 12, 16:30 e 18:30 horas na rúa de Cánovas del Castillo e dende alí dirixirase a Castrelos e posteriormente á zona de praias, para finalmente voltar ao punto de partida. O prezo do billete para todo o día é de 7,50 euros para os adultos e 4 euros os nenos e nenas de 3 a 14 anos. Este servizo conta cun sistema de locución con auriculares, polo que se pode escoitar a información en varios idiomas.
As rutas guiadas gratuítas pola cidade, iniciadas xa o ano pasado, sairán todos os días en horario de 11, 12.30, 14, 17 e 18.30 en grupos de quince persoas. É posible realizar tres percorridos: "100 minutos de cultura", "100 minutos de mar" e "100 minutos de natureza". A primeira delas comeza no Marco (Museo de Arte Contemporánea) e remata na rúa da Pescadería, máis coñecida como "Rúa das Ostreiras". Durante o percorrido pódense contemplar algúns dos edificios, prazas e monumentos máis significativos da cidade. A ruta "100 minutos de mar" comeza na Praza da Pedra e remata no emblemático barrio do Berbés. Durante este percorrido darase información sobre a evolución histórica do porto, así como a súa relevancia para a cidade nos últimos séculos. E "100 minutos de natureza", na que dende o comezo na Fortaleza do Castro darase información acerca das esculturas, vexetación e historia do Parque do Castro.
Santi Domínguez indicou que para ampliar información e dar resposta as diversas suxestións que poidan xurdir, as persoas que o precisen poderán chamar ao número 986 224 757. Ademais, sinalou que este ano, como novidade, haberá un gabinete especial que semanalmente avaliará o servizo e as informacións que se faciliten dende as oficinas turísticas, co obxectivo de "mellorar sobre a marcha todos os servizos que se presten aos visitantes durante a campaña turística".
Descargar todas as imaxes