Actuación na rúa da Escola de Estudos Musicais "A Tempo" no Imaxina Sons
Continuando o programa de actuacións de rúa organizadas polo festival de jazz Imaxina Sons ’08 esta fin de semana tócalle a vez a Escola de Estudos Musicais "A Tempo", de Pontevedra. A actuación terá lugar o sábado, 14 de maio,ás 11:30 h. no Calvario (rúa peonil fronte ao mercado); as 13:30 h. na Pza. da Independencia; ás 17:30 h. na rúa do Príncipe (fronte ao MARCO)e 19:30 h. na rúa Montero Ríos.
A Escola de Estudos Musicais "A Tempo", de Pontevedra, mantén desde o no 1998 unha intensa actividade de formación musical, que se estende mesmo a algúns centros de ensino secundario. De feito, algúns dos músicos participantes na sesión do sábado son alumnos de institutos de Ensino Secundario onde a escola presta servizos.
Para esta ocasión, a escola "A Tempo" presentará as dúas formacións estables do centro:
- unha orquestra numerosa de vinte e cinco membros de entre 13 e 55 anos, dirixida polo profesor de saxofón Miguel Ángel Rodríguez, que interpretará standars de blues, jazz e rock.
-un cuarteto de saxofón, que interpretará diversas pezas arranxadas do célebre compositor George Gershwin ("Oh! Lady be good" ou "Liza", entre outras) e arranxos do compositor vasco Iñaki Askunze.
Así pois, espectáculo e ritmo asegurado nas rúas e prazas viguesas para a esta fin de semana, da man do Imaxina Sons.
Descargar todas as imaxes