Escoitar

Barricada abrirá o primeiro Festival AlternaVigo de rock e metal, que se celebrará no IFEVI os días 8 e 9 de agosto

Un "cartel de luxo" integrará o primeiro Festival AlternaVigo de rock e metal, que se celebrará no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) os días 8 e 9 de agosto, segundo subliñou o tenente de alcalde, o Santi Domínguez. Así, o venres día 8, Barricada abrirá o festival, que posteriormente contará con grupos de diversa procedencia, como Reincidentes, Porretas e Ratos de Porao, entre outros, mentres que o sábado día 9, algunhas das bandas que actuarán son A cradel of filth, Gamma Gay, Over Kill e Fallen sentinen.<br />

xoves, 12 xuñ 2008
1213276063alternavigo.jpg
"Xa se está a traballar para que o próximo ano o festival esté incluído nos máis amplos circuítos musicais", sinalou Santi Domínguez. Así, na presentación do programa, que tamén contou coa participación do concelleiro de Cultura, Xesus López, o xerente do IFEVI, Arsenio Iglesias, e Breogán Cabezas, integrante da organización, o tenente de alcalde asegurou que este festival "convertirase nun gran referente nos circuitos musicais", posto que na súa posta en marcha traballan boa parte dos organizadores do Revoltallo. "Levan anos traballando con artistas que agora triunfan en Madrid, como Iván Ferreiro, polo que teñen toda a miña confianza", recoñeceu.

O concelleiro de Cultura, Xesus López, destacou que a celebración desta primeira edición do AlternaVigo ten como obxectivo "chegar a todos os públicos", así como "dar resposta á demanda de concertos de rock e metal na cidade". O edil do BNG salientou que é un "auténtico luxo contar cunha banda como Barricada para abrir a primeira edición do festival". Pola súa banda, Breogán Cabezas, tras agradecer o apoio da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura do Concello de Vigo, sinalou que este festival pode chegar a converterse nun "referente da música de rock superior incluso ao de Benicassim", aínda que asegurou que cos grupos que pariciparán se trata xa do "maior festival de rock e metal de Galiza".

AlternaVigo 2008 contará cunha amplo e variado cartel, en tanto que nel participarán grupos consagrados do panorama musical estatal, como os navarros Barricada, os sevillanos Reincidentes, os madrileños Porretas, os asturianos Fe de Ratas, como do panorama internacional, entre os que se atopan os brasileiros Ratos de Porao, os ingleses A cradle of filth, os alemáns Gamma Ray e Primal Fear, os americanos Overkill, Exodus e Cynic, e os canadienses 3 Inches of blood. Pero tamén terán cabida grupos galegos, entre os que figuran Fallen sentinen e Shroud of tears.

As entradas para asistir aos concertos, un total de 10.000, póñense hoxe á venda a través de Caixanova. O seu prezo é de 20 euros máis gastos xestión para as entradas anticipadas para un día e de 30 euros máis gastos de xestión para as entradas anticipadas para os dous días. Pola súa banda, as entradas en taquilla para un día custarán 25 euros máis gastos de xestión e 35 euros máis gastos de xestión para os dous días. Segundo informou a organización do festival, estes prezos inclúen a posibilidade de acampar nun espazo preto ao Ifevi.
Descargar todas as imaxes

Máis información