Escoitar

O Concello de Vigo inviste máis de oito millóns de euros no desenvolvemento do Plan Municipal de Emprego 2008 - 2011

O concelleiro de Participación Cidadán, Santos Héctor Rodríguez presentou hoxe mércores os programas que compoñen o Plan Municipal de Emprego 2008-2011, iniciativa que o Concello de Vigo pon en marcha para promover e facilitar o acceso a un posto de traballo de calidade a todos os cidadáns.Santos Héctor Rodríguez anunciou que o Concello de Vigo vai destinar máis de oito millóns de euros para o desenvolvemento deste proxecto, que grazas ao compromiso adquirido pola Xunta de Galicia e outros organismos, é o máis ambicioso dos postos en marcha por un concello galego.<br /> <br /> <br />

mércores, 11 xuñ 2008
1213189781planempleo.jpg
O concelleiro subliñou que o Plan de Emprego Municipal baséase nun Pacto Local polo emprego no que están implicados tamén os empresarios e os sindicatos. Para garantir a participación de todas as partes, dende a concellería se establecerá unha folla de ruta na que se calendarizarán os encontros cos distintos sectores da economía viguesa e con todos os axentes implicados. Estes encontros terán coma obxectivo analizar as necesidades reais en materia de emprego.

O Concello de Vigo quere acadar o desenvolvemento da cidade a través da creación dun mercado de traballo baseado na xeración de alto valor engadido. Trátase dunha aposta pola consecución de traballadores altamente cualificados e implicados no proxecto empresarial de Vigo.

Un plan para todos

O Plan de Emprego 2008-2011 desenvolverase en colaboración cos conxuntos a área de influencia de Vigo e na súa posta en funcionamento participarán os axentes socioeconómicos da cidade e o conxunto das oficinas de emprego de Vigo.

Para acadar os obxectivos do plan activaranse 6 programas que prestan especial atención aos colectivos con maiores dificultades para integrarse no mercado laboral, a mocidade, as mulleres maiores de 45 anos e os desempregados de longa duración. Estes colectivos son os eixos principais desta iniciativa municipal.

A través do programa Emprego- Calidade, segundo o concelleiro de Emprego e Participación Cidadán, Santos Héctor, daranse a coñecer todas as subvencións e bonificacións ó emprego indefinido ao tecido empresarial de Vigo.

Dentro deste programa porase en marcha un Observatorio do Mercado de Traballo de Vigo para analizar a evolución da contratación indefinida nas empresas viguesas e propoñer actuacións nos sectores con menores índices de contratación.

O concello de Vigo tamén quer potenciar o emprendemento empresarial na cidades e para acadalo créase o programa Vigo-Emprende. O Servizo de Asesoramento a Emprendedores, dará a coñecer as vantaxes de crear empresas de tipo colectivo e apoiará aos vigueses máis emprendedores.

Dirixido exclusivamente á mocidade xurde o Programa de Inserción laboral UTIL. Desde a Concellería de Emprego e Participación cidadán tratarase de orientar os máis novos cara a súa incorporación o mercado laboral. Ofertaráselles información e asesoramento sobre o acceso o emprego, a súa idoneidade para ocupar un posto de traballo e sobre as ferramentas precisas para acadar a súa inserción laboral.

O concelleiro de Emprego, explicou que o programa Emprega- Verde persegue concienciar e sensibilizar aos traballadores e as empresas sobre a importancia do coidado do medio natural. Entre as actividades que se levarán a cabo no marco deste programa destacan a realización de diagnoses, estudos e guías didácticas de sensibilización e a creación dun Observatorio "on-line" sobre Emprego e Medio Ambiente.

Tomando como punto de partida o Plan Aurora, da Consellería de Traballo, o Concello de Vigo deseña o Programa de Emprego Feminino para procurar a incorporación das mulleres en empregos tradicionalmente masculinos.

Outro dos programas que compoñen o Plan Municipal de emprego e o Emprega que se dirixe aos parados de longa duración e aos vigueses de máis de 45 anos sen experiencia laboral. A través deste programa os demandantes de emprego poderán adquirir hábitos de traballo e de reincorporación ao mercado de emprego.

Aposta de futuro

O Plan de Emprego Municipal 2008-20011 é unha aposta de Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadán do Concello de Vigo para cubrir as demandas de emprego dos colectivos que se atopan con maiores dificultades para acceder ao mundo laboral. A formación de calidade, a seguridade laboral, a igualdade entre homes e mulleres son as bases dun proxecto que persegue a creación de empregos vencellados á mellora das condicións de vida, dos servizos culturais, de ocio e dos recursos naturais de Vigo.
Descargar todas as imaxes