xoves, 12 xuñ 2008
Concretar as accións que a Concellería de Benestar Social desenvolverá no segundo semestre do 2008 en relación as persoas con discapacidade foi o principal obxectivo do encontro que este xoves mantivo a responsable deste departamento do Concello de Vigo, María Méndez, co colectivo Paso Vigo. Ademais, a reunión servíu tamén de encontro preparatorio do Consello Municipal de Accesibilidade, segundo informou María Méndez.
xoves, 12 xuñ 2008
Un "cartel de luxo" integrará o primeiro Festival AlternaVigo de rock e metal, que se celebrará no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) os días 8 e 9 de agosto, segundo subliñou o tenente de alcalde, o Santi Domínguez. Así, o venres día 8, Barricada abrirá o festival, que posteriormente contará con grupos de diversa procedencia, como Reincidentes, Porretas e Ratos de Porao, entre outros, mentres que o sábado día 9, algunhas das bandas que actuarán son A cradel of filth, Gamma Gay, Over Kill e Fallen sentinen.<br />
xoves, 12 xuñ 2008
A concelleira de Benestar Social, a María Méndez, salientou este mércores a importancia de estender o Programa de Avellantamento Activo ao "maior número posible de parroquias de Vigo". María Méndez así o subliñou no transcurso da visita que realizou á Asociacion de Veciños de Coruxo e a xuntanza que mantivo cos seus responsables, que se enmarca na rolda de visitas que a edil do BNG está a realizar nas distintas entidades que desenvolven o Programa de Avellentamento Activo posto en marcha pola Concellería de Benestar Social.
xoves, 12 xuñ 2008
"Na liña dos museos de todo o mundo de programar nas súas instalacións actividades nocturnas, o museo Quiñones de León acollerá dende o venres 13 de xuño o espectáculo teatral interactivo "Noites negras en Castrelos".As noites negras consistirán en cinco espectáculos nos que se realizará unha visita guiada ao pazo e os seus xardíns durante a noite, de arredor dunha hora e media de duración, un venres de cada mes, entre xuño e outubro deste ano.
xoves, 12 xuñ 2008
Máis de 8.000 persoas participaron nas 11 rutas que incluía o programa de sendeirismo do Concello "Vigo camiño a camiño" que se celebrou desde o pasado 2 de marzo. A cifra deuna a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago , nun acto de peche do programa, que tivo lugar onte mércores pola tarde , no que lembrou que con esta inicitiva o Concello deu a posibilidade de coñecer mellor o contorno natural da cidade ao mesmo tempo que aprender a respectar e coidar o patrimonio ecolóxico de Vigo.<br />
xoves, 12 xuñ 2008
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, desenvolverá no mes de xullo as súas actividades estivais, con dous obradoiros que acheguen aos máis novos a cestería tradicional da Ría de Vigo cun dobre obxectivo: que aprendan de xeito lúdico as técnicas básicas do oficio de cesteiro, e conciencialos de cara á protección deste patrimonio, que tivo especial relevancia na nosa cidade ata hai uns anos.
xoves, 12 xuñ 2008
Máis de 400 deportistas participarán o sábado, 14 de xuño, no XXII Triatlón Cidade de Vigo, proba clasificatoria para o campionato de España de Triatlón, organizado polo Club Triathlon Vigo coa colaboración da Concellería de Deportes e a Federación Galega de Triatlón.