Escoitar

A concelleira de Benestar Social perfila con PasoVigo as accións que se desenvolverán no segundo semestre do 2008<br />

Concretar as accións que a Concellería de Benestar Social desenvolverá no segundo semestre do 2008 en relación as persoas con discapacidade foi o principal obxectivo do encontro que este xoves mantivo a responsable deste departamento do Concello de Vigo, María Méndez, co colectivo Paso Vigo. Ademais, a reunión servíu tamén de encontro preparatorio do Consello Municipal de Accesibilidade, segundo informou María Méndez.

xoves, 12 xuñ 2008
"O encontro de hoxe servíu para poñer en común cos colectivos que integran Paso Vigo as súas necesidades e os proxectos que poremos en marcha proximamente", explicou a edil do BNG. Así, entre outros temas, trataron a elaboración do Plan de Accesibilidade, a posta en marcha de campañas de sensibilización para a cidadanía, o inicio de campañas de ocio para persoas con discapacidade, a creación do Departamento Municipal de Accesibilidade e o impulso á contratación de persoas con discapacidade. Os representantes dos colectivos que integran Paso Vigo trasladaron á concelleira de Benestar Social ás dificultades de mobilidade que atopan para empregar o transporte público, así como a falta de infomación existente respecto ás liñas adaptadas.

María Méndez, por outra banda, anunciou o seu compromiso de manter proximamente unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria, Xesús Paz, debido ás queixas que Paso Vigo, integrado por representantes de asociacións de discapacidade física, sicolóxica e sensorial, manifestou sobre a falta de accesibilidade que presentan as instalacións desta entidade viguesa. Finalmente, a concelleira do BNG indicou que estase a traballar para convocar o Consello Municipal de Accesibilidade no prazo dun mes.