Escoitar

Copa de Europa IX trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike

Esta fin de semana celebrase nos montes de Coruxo a Copa de Europa de MountainBike na que participarán arredor de 200 corredores e que persentou hoxe en rolda de prensa o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. O campionato está organizado polo grupo RP3 e colabora a Concellería de Deportes e Begano-Cocacola.<br />

mércores, 11 xuñ 2008
1213186896carteldef.jpg
Despois do éxito da Copa do Mundo de Mountain Bike dos anos 2005, 2006 e 2007, Vigo volve a ter un grande evento internacional de Descenso en MountainBike: a Copa de Europa – Maxxis Cup Internacional.
A proba, que ademáis supón o 9º Trofeo Cidade de Vigo, celebrase esta fin de semana nos montes de Fragoselo, na parroquia viguesa de Coruxo. Todos os afeccionados poderán desfrutar dos derrapes, os saltos, o ambiente e todo o rodea a este deporte extremadamente espectacular.

O domingo 15 de xuño celebraráse a gran final na que os mellores pilotos galegos e españois tentarán levarse unha victoria pola que tamén pelexarán portugueses, ingleses e outros participantes de toda Europa.

Pódense consultar os horarios e demáis información na páxina web www.vigomtbmaxxiscup.com
Descargar todas as imaxes