venres, 13 xuñ 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres a nova Patrulla Medioambiental, especializada na inspección, control e denuncia de delitos medioambientais. Creado en colaboración coa Concellería de Medioambiente, o destacamento vixia desde os ruídos ata as emisións contaminantes e o maltrato a animais. O alcalde reiterou que esta é "unha medida máis deste goberno na protección do entorno natural".
venres, 13 xuñ 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este venres a consolidación do Galiexpo Motor Show como referente dos eventos do mundo do motor que se celebran en Vigo. Santi Domínguez subliñou ademais, no acto de inauguración do salón, que se celebra ata o vindeiro domingo 15 de xuño no Instituto Feiral de Vigo, que se trata dun dos grandes certames que se celebran no Ifevi ao longo do ano que acolle expositores de túning, turismos, automóbiles clásicos, todoterreos e motos con espectáculos e animación relacionados co mundo do motor.
venres, 13 xuñ 2008
O Día da Muiñeira, que este ano cumpre a súa 38 edición e se celebrará o sábado, 14 de xuño xunto ao Ensalzamento do Traxe Galego, contará coa participación de máis de 1.600 persoas.A convocatoria deste ano presenta tamén como novidade o cambio de ubicación, xa que a concentración terá lugar ás 18 horas na praza do Rei e o festival celebrarase na Praza de Compostela.
venres, 13 xuñ 2008
Continuando o programa de actuacións de rúa organizadas polo festival de jazz Imaxina Sons ’08 esta fin de semana tócalle a vez a Escola de Estudos Musicais "A Tempo", de Pontevedra. A actuación terá lugar o sábado, 14 de maio,ás 11:30 h. no Calvario (rúa peonil fronte ao mercado); as 13:30 h. na Pza. da Independencia; ás 17:30 h. na rúa do Príncipe (fronte ao MARCO)e 19:30 h. na rúa Montero Ríos.
Educación<br />
Escola municipal de teatro
venres, 13 xuñ 2008
O servizo de Educación, a través da Escola Municipal de Teatro, organiza dous obradoiros de interpretación durante o mes de xullo. O primeiro refírese á interpretación do corpo e espazo, e o segundo é "interpretando a Shakespeare".<br />
venres, 13 xuñ 2008
A Concellería de Medio Ambiente programa rutas en veleiros que se celebrarán os días 21, 22 e 28 de xuño. As persoas interesadas poden inscribirse ata o martes día 17 de xuño no 010. "Vigo camiño a camiño" daralle aos cidadáns, a oportunidade de coñecer a bordo dun veleiro a riqueza do medio mariño de Vigo, as artes tradicionais de pesca e mesmo mergullarse nas augas do Atlántico.
venres, 13 xuñ 2008
Vigozoo acaba de implantar un sistema de recollida selectiva nas súas instalacións para o público visitante. En consonancia cos requirimentos ambientais da nosa sociedade actual, a dirección do Parque das Ciencias Vigozoo decidiu crear illas de recollida selectiva localizadas nos camiños interiores do parque.