Obradoiros de verán do CAT "Imos facer un cesto"
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, desenvolverá no mes de xullo as súas actividades estivais, con dous obradoiros que acheguen aos máis novos a cestería tradicional da Ría de Vigo cun dobre obxectivo: que aprendan de xeito lúdico as técnicas básicas do oficio de cesteiro, e conciencialos de cara á protección deste patrimonio, que tivo especial relevancia na nosa cidade ata hai uns anos.
A cestería tradicional leva unida á nosa cidade dende hai séculos co traballo de moitos artesáns que, xeración tras xeración, foron pasando o seu saber dunhas mans a outras, creando obxectos que formaron parte da nosa vida diaria ata os anos 60 do século pasado. Os obradoiros da rúa dos Cesteiros, no Casco Vello, son o mellor exemplo da relevancia que tivo este oficio en Vigo, que a converteron nun dos centros de produción máis activos de Galicia.
Os obradoiros van dirixidos rapaces/as de 7 a 16 anos que queran aprender como se facían obxectos da vida cotía hai 100 anos.
Nº de prazas: 10 por obradoiro
Datas e horario:
Quenda 1: luns, mércores e venres, do 2 ao 30 de xullo, de 10:00h a 13:00h
Quenda 2: martes e xoves , do 1 ao 31 de xullo, de 10:00h a 13:00h
Onde se impartirán os obradoiros
No CAT Centro de Artesanía Tradicional. Rúa Subida ao Castelo, 10 VIGO
Como apuntarse
Chamando ao teléfono 986 220 758 de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 h, ou a través da WEB www.vigo.org/artesania.
O prazo de inscrición remata o día 30 de xuño de 2008. Os cursos son gratuítos polo que se establecerá unha rigorosa orde de entrada das solicitudes.
A lista de admitidos será exposta no CAT e na WEB www.vigo.org/artesania o día 30 de xuño de 2008.
Descargar todas as imaxes