luns, 9 xuñ 2008
Este luns tivo lugar no edificio municipal do Areal a constitución do Consello Consultivo das TIC, do que formarán parte todas aquelas empresas do sector ubicadas en Vigo e a súa área de influencia. O seu obxectivo será que os expertos na materia asesoren ao alcalde nos proxectos que favorezan a mellor calidade de vida dos cidadáns e á cidade no seu conxunto.
luns, 9 xuñ 2008
A reforma se estenderá ata o final da estrada cortada, cun custe superior aos 1,6 millóns de euros. O proxecto chegou este luns ao Concello, quen asinará o convenio coa Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia que pemitirá o inicio dos traballos en outono. Cun prazo de execución de 12 meses, o alcalde afirmou que se tratarán de acelerar os traballos na zona de praias para que estén concluídos en xuño de 2009.
luns, 9 xuñ 2008
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Turismo e Industria, o Santi Domínguez, inaugurou este luns no Calvario a nova campaña de dinamización do comercio vigués. No acto de inauguración, que tamén contou coa participación da presidenta de Fecovi Encarna álvarez, o tenente de alcalde salientou que "é a primeira vez que se fai un programa destas características, que ten por obxectivo apoiar o pequeno e mediano comercio da cidade nun momento de crise".
luns, 9 xuñ 2008
O grupo de musica popular do nordeste do Brasil "Quinteto Violando" ofrecerá un concerto o martes, 10 de maio, ás 20.30 horas no auditorio municipal . O concerto, que patrocina a concellería de Cultura, ten un prezo de entrada de 5 euros.
luns, 9 xuñ 2008
A Casa Galega da Cultura acolle mañá, ás 20 horas, unha conferencia sobre os refuxiados palestinos, segundo anunciou este luns a concelleira de Benestar Social, a nacionalista María Méndez. O relatorio será impartido por Jesús Núñez Valverde, director do Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria e membro da xunta directiva da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA).
luns, 9 xuñ 2008
O pasado venres entregáronse os premios do concurso de fotografía do 1º de maio que convoca Vigozoo desde hai catro anos. Nesta edición participaron un total de 171 persoas nas categorías de júnior e sénior.