A nova campaña de dinamización do comercio impulsada pola Tenencia de Alcaldía comezou hoxe no Calvario
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Turismo e Industria, o Santi Domínguez, inaugurou este luns no Calvario a nova campaña de dinamización do comercio vigués. No acto de inauguración, que tamén contou coa participación da presidenta de Fecovi Encarna álvarez, o tenente de alcalde salientou que "é a primeira vez que se fai un programa destas características, que ten por obxectivo apoiar o pequeno e mediano comercio da cidade nun momento de crise".
Santi Domínguez subliñou o papel que xoga o pequeno e mediano comercio na creación de emprego, polo que animou á cidadanía a "seguir comprando nos nosos barrios". Na súa intervención explicou que o programa que comeza hoxe no Calvario desenvolverase en outras seis zonas comerciais da cidade, Teis, As Travesas, Bouzas, Centro, Vigo Vello e rematará na rúa do Príncipe a finais de ano. Deste xeito, no Calvario desenvolverase ata o 14 de xuño; en Teis do 23 ao 28 de xuño; nas Travesas do 1 ao 6 de setembro; en Bouzas do 15 ao 20 de novembro; no Centro do 29 de setembro ao 4 de outubro; na zona Vigo-Vello do 3 ao 8 de novembro; e entre outubro e novembro en Príncipe.
O tenente de alcalde agradeceu a colaboración da Asociación de Comerciantes do Calvario e da Federación de Comercio de Vigo a súa colaboración para organizar a campaña e salientou que se elaborou "dende o primeiro momento" coa axuda dos representantes das asociacións de comercio da cidade. O programa inclúe, por unha banda, actuacións musicais, actividades para adultos, obradoiros e hinchables para os nenos, entre outras propostas. En segundo lugar, busca o establecemento dunha canle de comunicación coas asociacións de comerciantes para que poidan recibir información continua sobre as novas tecnoloxías. Finalmente, a terceira liña de actuación refírese ás estratexias de márketing, de xeito que tratará de aportar solucións ás dificultades coas que se atopan os pequenos comerciantes para chegar ao gran público.
A presidenta de Fecovi, Encarna Álvarez, agradeceu á Tenencia de Alcaldía, e en particular a Santi Domínguez, a posta en marcha deste proxecto "tan importante para o comercio vigués", non só por tratarse da unha iniciativa pioneira na cidade, senón tamén "porque se desenvolverá en diversos puntos de Vigo".
Descargar todas as imaxes