A Casa Galega da Cultura acolle mañá unha conferencia sobre os refuxiados palestinos
A Casa Galega da Cultura acolle mañá, ás 20 horas, unha conferencia sobre os refuxiados palestinos, segundo anunciou este luns a concelleira de Benestar Social, a nacionalista María Méndez. O relatorio será impartido por Jesús Núñez Valverde, director do Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria e membro da xunta directiva da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA).
"Resulta fundamental sensibilizar á poboación sobre a situación dos refuxiados palestinos", subliñou María Méndez, quen lembrou que o mesmo obxectivo é o que persegue a exposición que acolle o Verbum dende o pasado mmércores. "A UNRWA desenvolve un traballo fundamental, xa que sen el a situación dos máis de 90.000 refuxiados palestinos que saíron dos seus fogares como consecuencia da guerra árabe israelí de 1948 teríase agravado enormente", sinalou a edil.
No acto que terá lugar na Casa Galega da Cultura contará coa participación da propia concelleira de Benestar Social do Concello de Vigo e a directora de proxectos da UNRWA, Carmen Quintana.
No acto que terá lugar na Casa Galega da Cultura contará coa participación da propia concelleira de Benestar Social do Concello de Vigo e a directora de proxectos da UNRWA, Carmen Quintana.