Escoitar

Concerto do grupo brasileiro "Quinteto Violado"<br />

O grupo de musica popular do nordeste do Brasil "Quinteto Violando" ofrecerá un concerto o martes, 10 de maio, ás 20.30 horas no auditorio municipal . O concerto, que patrocina a concellería de Cultura, ten un prezo de entrada de 5 euros.

luns, 9 xuñ 2008
1213014746quinteto2.jpg
O quinteto está formado por Marcelo Melo ( violín, viola e voz); Toinho Alves ( baixo e voz); Ciano Alves ( frauta, violín e voz); Roberto Medeiros ( percusión e voz) e Dudú Alves ( teclado).

O quinteto xurde no ano 1971 en Recife, capital do Estado de Pernambuco, encetando un novo camiño para a música popular brasileira, baseada nos elementos da cultura popular do nordeste brasileiro.

En 1997 o grupo crea a Fundación Quinteto Violado que ten como obxectivo valorizar e estimular o crecemento do home a través da arte, realizando accións socio culturais mellorando a calidade de vida e exercendo a cidadanía.

Actualmente o Quinteto Violado fai unha nova lectura da música do nordeste de Brasil, onde se percebe a influencia do jazz.
Descargar todas as imaxes