Inscrición do XIV festival folclórico internacional
<br />
Conforme ó convenio de colaboración asinado polo Concello de Vigo coa Asociación Cultural Interfolc, ábrese o prazo de admisión para solicitudes de actuacións de agrupacións folclóricas do "XIV Festival Folclórico Internacional", que vai ter lugar entre os días 5 e 10 de agosto de 2008 conforme o seguinte programa:
-5 de agosto: Acto inaugural no Auditorio de Castrelos;
- do 6 ao 10 de agosto: actuacións en barrios e parroquias da cidade.
Por este motivo, comunícaselles a todas as persoas interesadas que as solicitudes de inscrición están á súa disposición na oficina de Información do Concello e que o prazo de presentación será dende o 9 ata o 19 de xuño, ambos inclusive. Lémbrase que, conforme as bases aprobadas pola Xunta de Goberno local de data 2 de xuño, o número máximo de participantes limítase a cinco, tendo como criterios de selección a orde de presentación de solicitudes na oficina do Rexistro Xeral e unha orde de preferencia que favoreza aquelas entidades que non teñan recibido actuacións en edicións anteriores deste festival.