Escoitar

O alcalde mostra o seu apoio á ONG Amigos da Terra no Día Internacional do Medioambiente<br />

Abel Caballero, acompañado do concelleiro de Persoal, Carlos L. Font, encontrouse este xoves con representantes da ONG Amigos da Terra, co gallo da celebración do Día Internacional do Medioambiente. A reunión tivo lugar na Praza do Rei, onde os ecoloxistas trataron co alcalde e Presidente da Rede de Cidades polo Clima os asuntos relativos ao cambio climático.

xoves, 5 xuñ 2008
1212671237terra.jpg
O alcalde de Vigo e representantes da Organización Non Gobernamental Amigos da Terra entrevistáronse este xoves na Praza do Rei, co gallo da celebración este 5 de xuño do Día Internacional do Medioambiente.

Abel Caballero, en calidade de alcalde e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, tratou co grupo de persoas alí presentes as medidas que está a adoptar Vigo e a entidade que preside de cara a loita contra o cambio climático; e lles transmitiu a súa felicitación pola labor que están a realizar en prol do planeta, lles animou a continuar co traballo, e mostrou o seu apoio á organización e á súa causa.
Descargar todas as imaxes