Xornada de comunicación audiovisual "Ponte...nas Ondas" no Verbum
O venres 6 de xuño terá lugar no museo Verbum - Casa das Palabras a XIV edición da xornada de comunicación audiovisual "Ponte...nas Ondas" e da VII Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa.Tambén haberá un concerto, ao aire libre, de Luar na Lubre (Galicia), Vozes da Rádio (Portugal) e Socorro Lira (Brasil.
O museo Verbum será nese día a grande Casa das Palabras, o espazo desde onde o patrimonio inmaterial
galego-portugués terá a súa proxección a través das ondas e da televisión. Desde o Verbum convidase a toda a cidadanía pero especialmente aos centros educativos a participaren activamente nesta xornada da
palabra na que os protagonistas son os máis novos, asistindo ao desenvolvemento das emisións en directo como espectadores, ou seguindo a través de internet a programación de televisión.
Todos os asistentes ao Verbum terán esa tarde entrada libre para visitar as exposicións do museo e asistir ao Festival de acceso libre e gratuito.
Programa do acto
9.30 Espectáculo audiovisual de entrada libre ata as 14.00 horas. Auditorio da Facultade de
Telecomunicación no Campus de Lagoas—Marcosende da Universidade de Vigo. Magazine con radio, actuacións musicais, regueifeiros, narración oral e paisaxes sonoras en directo. Presenza da Conselleira de Obras Públicas e Ordenación do Territorio María José Caride.
12.00 Presenza da Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas. Realización de programas en directo ata as
15 horas.
16.00 Realización en directo do programa Aberto por Reformas da Radio Galega con Xurxo Souto e
convidados. Retransmisión audiovisual en directo de programas de radio-televisión dos diferentes centros educativos participantes e diversas actuacións musicais e de narradores orais. Realización emitida en directo desde a web: www.pontenasondas.org
22.00 VII Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa. Concerto, ao aire libre, de Luar na Lubre (Galicia),
Vozes da Rádio (Portugal) e Socorro Lira (Brasil) conducido por Avelino González.
Descargar todas as imaxes