100 alumnos vigueses aprenderán inglés este verán no Reino Unido e Irlanda
O programa de becas do Concello de Vigo xa está en marcha e os escolares, ademais das clases de inglés, recibirán todas as materias lectivas neste idioma. Os rapaces de 4º da ESO de 35 colexios públicos de Vigo viaxarán entre a segunda quincena de setembro e a primeira de outubro; unha iniciativa "ben recibida" polos directores dos centros na reunión mantida este mércores co alcalde de Vigo, Abel Caballero.
O alcalde, Abel Caballero, tras a reunión mantida este mércores coa Asociación de Directores dos Colexios Públicos de Vigo, informou de que o programa de becas "Inmersión Lingüística" do Concello xa está en marcha, e permitirá que 100 escolares da cidade aprendan inglés este verán no Reino Unido e Irlanda, recibindo todas as materias lectivas neste idioma.
Os alumnos viaxarán durante a segunda quincena de setembro e a primeira de outubro, e para acadar a beca os escolares deberán obter este ano boas notas en inglés. Abel Caballero apuntou que esta iniciativa é "unha gran novidade, que nunca se fixera con anterioridade", e "ben recibida" polos directores dos colexios.
O programa "Inmersión Lingüística" completa as actividades municipais para o aprendizaxe do inglés entre os escolares dos centros públicos de Vigo que están a funcionar durante o presente curso, programa no que están a participar un total de 3.000 nenos, e que o alcalde xa adiantou que vanse ampliar de cara ao vindeiro exercicio académico.
As actividades da Consellería de Educación están a ser ben recibidas pola comunidade educativa, segundo salientou Abel Caballero, así como o enfoque das mesmas, que procura entender o "inglés como modo de expresión". Durante o curso, os alumnos puideron realizar visitas guiadas pola cidade impartidas en inglés, así como presenciar obras de teatro neste idioma e participar en clases de conversa.
Intermediación
O alcalde ofreceron aos directores continuar coa labor de intermediario entre os centros educativos e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia nas necesidades dos mesmos. Abel Caballero citou, como exemplo da colaboración existente entre as administracións local e autonómica, os novos edificio proxectados para os colexios do Rocío, xa en marcha, e o de Altamar, para o que o goberno local está na procura de solo.
O rexedor local asegurou que continuará coas visitas aos colexios da cidade que xa está a levar a cabo, e adiantou que manterá unha próxima reunión coa Asociación de Directores de Colexios Públicos.
Descargar todas as imaxes