venres, 6 xuñ 2008
A Concellería de Mobilidade asinou o pasado xoves un convenio coa empresa Dornier, encargada da Xestión do Estacionamento Regulado, polo que, a partir do próximo luns, as sancións impostas polos controladores serán efectivas "por primeira vez neste Concello". O edil informou este venres que as multas por superar as dúas horas máximas de estacionamento non se aplicarán ata xullo.
venres, 6 xuñ 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron este venres o barrio e o mercado de Teis para coñecer as demandas e necesidades da veciñanza. "Este percorrido inscríbese no marco das visitas que habitualmente realiza o Grupo Municipal do BNG polos barrios e as parroquias viguesas para manter un contacto directo cos veciños e veciñas", subliñou o tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Turismo e Industria.<br />
venres, 6 xuñ 2008
A sección "Imaxina na Rúa" do festival de jazz "Imaxina Sons 2008" ábrese esta fin de semana coa actuación do Septeto da ESMAE (Escola Superior de Música e as Artes do Espectáculo) de Oporto, que fará catro "pases" o sábado 7 de maio na zona peonil do O Calvario ( 11:30 h), praza da Independencia (13:30 h), rúa do Príncipe (17:30 h) e Montero Ríos ( 19:30h).
venres, 6 xuñ 2008
O domingo, 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, terá lugar a derradeira ruta de sendeirismo do programa "Vigo camiño a camiño" que nesta ocasión discorrerá polas Illas Cíes. Trátase dunha iniciativa do Concello de Vigo impulsada pola Concellería de Medio Ambiente, de xeito conxunto coa dirección do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
venres, 6 xuñ 2008
A partir do vindeiro mércores 11 de xuño o museo municipal de Vigo "Quiñones de León" ofrece visitas guiadas ao pazo-museo, froito de colaboración entre o museo municipal e a oficina municipal de voluntariado do Concello de Vigo.
venres, 6 xuñ 2008
O Día da Muiñeira, que este ano cumpre a súa 38 edición e se celebrará o 14 de xuño xunto ao Ensalzamento do Traxe Galego, contará coa participación de máis de 1.600 persoas, segundo anunciou este venres o concelleiro de Cultura, o Xesus López. A convocatoria deste ano presenta tamén como novidade o cambio de ubicación, xa que a concentración terá lugar ás 18 horas na praza do Rei e o festival celebrarase na Praza de Compostela.