xoves, 5 xuñ 2008
Abel Caballero, acompañado do concelleiro de Persoal, Carlos L. Font, encontrouse este xoves con representantes da ONG Amigos da Terra, co gallo da celebración do Día Internacional do Medioambiente. A reunión tivo lugar na Praza do Rei, onde os ecoloxistas trataron co alcalde e Presidente da Rede de Cidades polo Clima os asuntos relativos ao cambio climático.
xoves, 5 xuñ 2008
O servizo municipal de Educación do Concello de Vigo asiste en Santiago ás VI Xornada do Grupo de Traballo da Rede Temática pertencente á Rede Española de Cidades Educadoras (RECE) que se celebra os días 5 e 6 de xuño e que están organizadas pola Concellería de Educación de Santiago de Compostela e o Institut d’Educació do Concello de Barcelona.
xoves, 5 xuñ 2008
As novas instalacións, que substitúen ás de Tomás Alonso, contan con dúas aulas de informática, un taller de electricidade, un aula polivalente e unha cociña industrial, e formará a desempregados e traballadores en activo. Abel Caballero subliñou a relevancia da formación cualificada para o crecemento económico e o emprego "estable e de calidade".
xoves, 5 xuñ 2008
O venres 6 de xuño terá lugar no museo Verbum - Casa das Palabras a XIV edición da xornada de comunicación audiovisual "Ponte...nas Ondas" e da VII Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa.Tambén haberá un concerto, ao aire libre, de Luar na Lubre (Galicia), Vozes da Rádio (Portugal) e Socorro Lira (Brasil.
xoves, 5 xuñ 2008
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para este curso de carácter gratuíto, dirixido a todas as mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Vigo.