O alcalde inaugura o novo centro de formación da FOREM en Navia<br />
As novas instalacións, que substitúen ás de Tomás Alonso, contan con dúas aulas de informática, un taller de electricidade, un aula polivalente e unha cociña industrial, e formará a desempregados e traballadores en activo. Abel Caballero subliñou a relevancia da formación cualificada para o crecemento económico e o emprego "estable e de calidade".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este xoves ao acto de inauguración do novo centro de formación que abre en Navia a Fundación Formación e Emprego de Galicia, a FOREM, iniciativa do sindicato Comisións Obreiras.
Nas instalacións da rúa Teixugueiras, os alumnos poderán facer uso de dúas aulas de informática, un taller de electricidade, un aula polivalente e unha cociña industrial; instalacións na que se formarán tanto os desempregados como os traballadores en activo.
A actividade principal da FOREM é a formación e a orientación, tanto unha coma outra enfocadas á capacitación e orientación dos traballadores e traballadoras cara ao emprego, co obxectivo de que a reciclaxe e a cualificación sexan continuas e que as mellores cualificacións conseguidas polos traballadores reflictan na mellora das súas condicións laborais.
O alcalde de Vigo, pola súa banda, salientou a labor da Fundación na cualificación do capital humano, característica que Abel Caballero considera necesaria para o crecemento económico da cidade e para a obtención dun emprego "estable e de calidade", mostra dunha "sociedade moderna e avanzada".
Unha axeitada formación dos traballadores permite, xunto coa "firmeza" do tecido produtivo vigués, que o rexedor municipal se mostre "optimista" para "afrontar con garantías" o período de desaceleración que atravesa a economía mundial.
Abel Caballero salientou a importancia da formación, e citou os programas do novo Plan Municipal de Emprego 2008-2011, "con 14 programas específicos para facilitar o acceso ao mercado laboral dos colectivos con maiores dificultades, e sempre desde a formación cualificada".