mércores, 4 xuñ 2008
O programa de becas do Concello de Vigo xa está en marcha e os escolares, ademais das clases de inglés, recibirán todas as materias lectivas neste idioma. Os rapaces de 4º da ESO de 35 colexios públicos de Vigo viaxarán entre a segunda quincena de setembro e a primeira de outubro; unha iniciativa "ben recibida" polos directores dos centros na reunión mantida este mércores co alcalde de Vigo, Abel Caballero.
mércores, 4 xuñ 2008
A concelleira de Benestar Social, a María Méndez, expresou este martes a súa aposta pola integración profesional das persoas con discapacidades durante a visita que realizou á nova edición da campaña "De boa man". "Esta iniciativa é unha forma de facer que a diversidade sexa visible na ría", subliñou a edil do BNG, quen animou á cidadanía a achegarse ata a rúa do Príncipe, onde está ubicada a mostra, para coñecer o produto do traballo das persoas usuarias de oito centros de discapacidade da cidade.
mércores, 4 xuñ 2008
Amosar á cidadanía unha parte notable do seu patrimonio fotográfico, proxectando cara ao exterior o Arquivo Pacheco é un dos obxectivos fundamentais do proxecto "O espello da memoria" inaugurado este martes polo tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López. A iniciativa, da que hoxe foi inaugurado o primeiro panel na Praza da Princesa, consta de trinta monolitos integrados por unha fotografía realizada por Prósperi ou Pacheco e un texto explicativo en galego, castelán e inglés. <br />
mércores, 4 xuñ 2008
En conmemoración do centenario do pasamento do escritor de Celanova, o Concello de Vigo renderá homenaxe a Curros Enriquez coa celebración o dun recital poético-musical que se celebrará o xoves 5 de xuño ás 19 horas no auditorio do Caixanova.
mércores, 4 xuñ 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este martes o traballo que está a desenvolver a Axencia da ONU para os refuxiados de Palestina (UNRWA) durante a inauguración no Verbum dunha mostra que recolle a situación desta poboación e as tarefas que a entidade dependente das Nacións Unidas leva a cabo nos campamentos.
mércores, 4 xuñ 2008
A Concellería de Deportes do Concello de Vigo súmase á iniciativa impulsada pola Dirección Xeral da Xunta de Galiza "O deporte galego une", que se celebrará o vindeiro domingo, día 8, na praia de Samil, segundo sinalou este martes o concelleiro de Deportes, o Xabier Alonso. A través desta iniciativa, os afeccionados e as afeccionadas poderán practicar diversas disciplinas deportivas, como tenis, xadrez, patinaxe ou balonmán.
mércores, 4 xuñ 2008
As entradas para o concerto que ofrecerá Estopa en Vigo o 28 de xuño ás 22 horas xa están a venda, mentres que nos vindeiros días tamén sairán a venda as entradas para o concerto de Pereza, que actuará en Vigo o 4 de xullo, segundo anunciou este mércores o concelleiro de Cultura, o nacionalista Xesus López. En ámbolos dous casos os concertos terán lugar no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), e as entradas póñense á venda a través de Caixanova, no teléfono 902.504.500 e na web ww.caixanova.es,<br />
mércores, 4 xuñ 2008
O artista vigués afincado en Barcelona, Crego, fixo este mércores entrega á Xerencia de Urbanismo dun cadro de grandes dimensións xa ubicado na sala de xuntas. O tamén artista vigués Mingos Teixeira participou da entrega, e o alcalde, o concelleiro e a xerente de Urbanismo recibiron o cadro.