A nova campaña de dinamización do comercio impulsada pola Tenencia de Alcaldía comeza o 9 de xuño no Calvario
"Apoiar o pequeno e mediano comercio vigués, eixo fundamental na creación de emprego", é un dos principais obxectivos dun novo programa de dinamización que dende o vindeiro 9 de xuño se desenvolverá en sete zonas comerciais da cidade, segundo salientou este martes o tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Industria e Turismo, Santi Domínguez. Así, cunha duración dunha semana por zona, o punto de partida da campaña "Festa do Comercio" será O Calvario, para pasar posteriormente a Teis, As Travesas, Bouzas, Centro, Vigo Vello e rematará na rúa do Príncipe a finais de ano.
Santi Domínguez explicou que esta campaña de dinamización do pequeno e mediano comercio elaborouse "dende o primeiro momento", coa axuda dos representantes das asociacións de comercio da cidade, presentes tamén na presentación do programa, así como a presidenta da Federación de Comerciantes de Vigo, Encarna Álvarez, a quenes agradeceu a súa colaboración. Segundo o tenente de alcalde, dende a Concellería de Comercio levouse a cabo esta iniciativa novidosa de poñer a disposición dos usuarios e usuarias os recursos existentes, "polo que estamos convencidos de que será un completo éxito", asegurou. Ademais, sinalou que o pequeno e mediano comercio, ademais de emprego, "crea tecido social, ao revés do que acontece coas grandes áreas", o que supón outra razón para levar a cabo esta campaña.
A "Festa do Comercio" desenvólvese en tres liñas fundamentais de actuación: A primeira delas, segundo explicou Santi Domínguez" é a liña sociocultural. Neste sentido, sinalou que se trata de aproveitar o fluxo de xente de forma nos diferentes barrios haxa durante toda unha semana actuacións musicais, actividades para adultos, obradoiros e hinchables para os nenos, entre outras propostas. En segundo lugar, mediante a liña tecnolóxica establecerase unha canle de comunicación coas asociacións de comerciantes para que poidan recibir información continua sobre as novas tecnoloxías. A terceira liña de actuación, referida ás estratexias de márketing, tratará de solventar as dificultades coas que se atopan os pequenos comerciantes para chegar ao gran público.
"Temos que conseguir que a cidadanía non sexa cliente de Teis, O Calvario ou do Príncipe, senón cliente do pequeno e mediano comercio vigués", subliñou o tenente de alcalde, quen explicou que no Calvario desenvolverase o programa do 9 ao 14 de xuño; en Teis do 23 ao 28 de xuño; nas Travesas do 1 ao 6 de setembro; en Bouzas do 15 ao 20 de novembro; no Centro do 29 de setembro ao 4 de outubro; na zona Vigo-Vello do 3 ao 8 de novembro; e entre outubro e novembro en Príncipe. "Tras o remate desta campaña iniciaremos xa a seguinte", anunciou Santi Domínguez, co obxectivo de que o apoio ao comercio vigués "sexa contante". Indicou así mesmo que o programa conta coa colaboración da Xunta de Galicia, en concreto a través da súa Dirección Xeral de Comercio.
A presidenta da Federación de Comerciantes de Vigo, Encarna Álvarez, en nome do resto de representantes das asociacións do sector, felicitou o traballo desenvolvido por Santi Domínguez como concelleiro de Comercio, Industria e Comercio. "Teño pasado por moitas cores, pero é agora con Santi Domínguez cando os políticos se deron conta de que existe o pequeño e mediano comercio, e por iso estou encantada", subliñou. En referenza a recente viaxe a Bruxelas con motivo da defensa da candidatura viguesa á Universiada 2013 sinalou que o comercio vigués "non ten nada que envexar ao comercio do resto de Europa", senón que pola contra, a cidade debe "empezar a sentirse orgullosa da boa calidade dos produtos que ofrece". "Veño encantada porque a organización dende Tenencia de Alcaldía vendeuse a imaxe de Vigo internacionalmente", reiterou.
Descargar todas as imaxes