luns, 2 xuñ 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, acompañado do concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e do reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, fixeron hoxe balance do resultado da candidatura de Vigo á Universiada de Verán 2013. Domínguez quixo comezar a súa intervención agradecendo novamente a participación da cidade de Vigo na Universiada por "facernos sentir tanto orgullo durante a nosa presentación de polo que despois escoitamos sobre Vigo".
luns, 2 xuñ 2008
O alcalde mostrouse este luns "moi satisfeito" de que a Autoridade Portuaria leve adiante definitivamente "dous grandes proxectos para esta cidade", Nouvel e Beiramar. Esta circunstancia foi cualificada de "magnífica decisión" polo rexedor municipal, quen avanzou que na próxima semana se reunirá co seu Presidente, Suso Paz, para coñecer en detalle a ampliación aprobada o pasado venres.
luns, 2 xuñ 2008
Desde o luns2 de xuño póñense á venda as entradas individuais para os concertos que se han celebrar no Centro Cultural Caixanova e no Auditorio do Concello dentro do festival IMAXINA SONS’08 que se celebrará do 26 de xuño ao 6 de xullo.
luns, 2 xuñ 2008
A Casa Galega da Cultura acolle desde o luns, día 2 de xuño e ata o 29 do mesmo mes, a mostra "Terra e Mar. Cesteiros na Ría de Vigo" que organiza o CAT, Centro de Artesanía Tradicional, equipamento dependente da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo. A exposición plantea catro elementos cos que se xoga en cada unha das esceas: os usos para labores mariñeiras ou agrícolas dos cestos e o tipo de material, ben sexa bimbio ou madeira. A mostra realizase en colaboración coa Concellería de Cultura e Animación Sociocultural, Museo do Mar de Galicia, o Consorcio do Casco Vello, e o Instituo Camoes.