Escoitar
RECADACIÓN VOLUNTARIA

Taxa pola recollida de lixo vivenda

venres, 30 mai 2008
Por Resolución da Concellalia delegada do area de economía e facenda de data 19 de maio do 2008, sinálase o período voluntario de cobranza do tributo:

- TAXA POLA RECOLLIDA DO LIXO VIVENDA
EXACCIÓNS UNIFICADAS INDUSTRIAIS
Período de cobranza: Do 30 de maio ó 31 de xullo do 2008, ambos os dous incluídos
Forma de pagamento: Os/as contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un xogo de impresos para tal fin, poderán efectuar o ingreso NA OFICINA DA ENTIDADE DE DEPÓSITO QUE PRESTA O SERVICIO DE CAIXA sita no interior da Casa Consistorial, de luns a venres e de 8 a 14,30 horas, ou nas entidades colaboradoras que de seguido se indican:

BANCO SABADELL-ATLÁNTICO CAJA MADRID
CAIXANOVA BANCO DE GALICIA
CAIXA GALICIA BBVA
LA CAIXA BANCO PASTOR
CAJA DUERO BANCO SIMEON
CAIXA CATALUNYA BANCO ETCHEVARRÍA
SANTANDER SA CITIBANK
BANESTO BANCO MAPFRE
BANCO ESPIRITO SANTO BANCO GALLEGO
BANCO POPULAR BANCO ZARAGOZANO
CAJA ESPAÑA IBERCAJA
BARCLAYS BANK C.A. MEDITERRANEO.

O ingreso tamén poderá efectuarse a través de INTERNET, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a carpeta cidadán do Concello de Vigo (www.vigo.org), opción oficina virtual pagamento de recibos.

Aqueles que non reciban os impresos poderán solicitar un duplicado en calquera oficina das entidades BBVA, LA CAIXA, CAIXA GALICIA ou CAIXANOVA, ou ben a través da carpeta cidadán do Concello de Vigo, opción oficina virtual impresión de recibos.

Rematado o prazo de cobranza no período voluntario, iniciarase o período executivo efectuándose a recadación dos recibos non satisfeitos polo procedemento administrativo de constrinximento sobre o patrimonio do obrigado ó pagamento, consonte co establecido no artigo 161 da Lei Xeral tributaria e 68 e seguintes do Regulamento xeral de recadación.