Santi Domínguez agasallou a Lenny Kravitz cunha gaita tradicional galega
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, agasallou a Lenny Kravitz cunha gaita tradicional galega, minutos antes de que o músico arrincara en Vigo a súa xira europea "It is time for a love revolution". O músico americano amosou o seu agradecemento e sorpresa polo obsequio.<br />
Lenny Kravitz é un virtuoso da música que toca ata cinco instrumentos. Foi precisamente este motivo polo que o tenente de alcalde pensou que nada mellor que un instrumento da nosa tradición musical para agasallalo. Lenny Kravitz sinalou que lle parecía unha peza fermosísima e interesouse polas súas características. O tenente de alcalde, tras explicarlle que se trata dun elemento sobranceiro da música tradicional galega, invitou ao artista a que nun futuro poida incluso chegar a formar parte do seu espectáculo. Ao respecto Lenny Kravitz preguntoulle ao tenente de alcalde se sabía tocala e podería ser o seu mestre. Santi Domínguez explicoulle que non tiña os suficientes coñecementos, polo que o artista sinalou que tería que buscar un mestre.
Trátase dunha gaita granadillo con xuntas de prata que está afinada en do; o fol é negro e verde musgo. Foi feita polo artesán Alfonso de O Rosal, un dos máis afamados na construcción de gaitas galegas. O instrumento foi entregado nun estuche de coiro. Este agasallo ten un dobre obxectivo: por unha banda supón o agradecemento ao músico por ter elixido Vigo para iniciar a súa xira xira, e por outra, é a felicitación polo seu aniversario, en concreto o 26 de maio, día no que cumpríu 44 anos.
Santi Domínguez expresou a súa "plena satisfacción" polo éxito do concerto de onte, que contou coa asistencia de máis de 9.000 personas, e polo gran espectáculo ofrecido polo cantante norteamericano. Destacou ademais a "absoluta profisionalidade" do artista, a súa entrega e a conexión co público vigués.
Salientou así mesmo o feito de que o Instituto Feiral de Vigo teña sexa demostrado que é un "referente mundial" para a celebración de concertos da envergadura do de Lenny Kravitz. "Onte quedou demostrado que o IFEVI está perfectamente preparado para acoller eventos tan espectaculares como o de onte", subliñou o tenente de alcalde.